Convencións para o etiquetado do cableado da rede
De Wiki do Pazo da Mercé
A norma EIA/TIA-606 especifica que cada terminación de hardware debe ter algunha etiqueta que a idenfique de forma unívoca. Un cable de rede ten dúas terminacións, polo que cada unha delas deberá levar unha identificación.
Para levar a cabo esta idenficación, deberemos utilizar nomenclaturas neutras, que non fagan referencia a usos concretos das salas que poden variar co tempo. Por exemplo, debemos evitar etiquetas do tipo pc-direccion ou departamento-ventas, porque o uso que se lles da a esas salas podería cambiar no futuro.
Polo tanto, recoméndase utilizar etiquetas que inclúan un identificador de sala (numerando as salas do edificio dun extremo ao outro) e un identificador do conector, e así saberemos todo o que precisamos sobre o cable: onde comeza e onde acaba.
Por exemplo, se un cable leva a etiqueta 0302-0524 querrería dicir que vai dende o conector 03 da sala 02 ao conector 05 da sala 24.
As rosetas e os conectores dos paneis de parcheo tamén deberán ir etiquetados para poder saber de que conector se trata.
