Creación dun dominio con Windows Server

De Wiki do Pazo da Mercé

Índice

Instalación do servidor de dominio

Co grupo de traballo dispoñemos dunha rede entre iguais, na que todos os equipos son autónomos xa que non dependen un dos outros, e simplemente comparten recursos entre eles. A outra opción é optar por unha rede cliente-servidor, na que un ou varios equipos teñen o papel de servidores e prestan unha serie de servizos que o resto dos equipos da rede (clientes) utilizan para o seu funcionamento.

En Windows, este tipo de rede leva o nome de dominio de Windows. No dominio, os usuarios son almacenados e xestionados dende o servidor, e os clientes autentifican aos usuarios contra o servidor.

Para montar un dominio en Windows, o primeiro que deberemos facer é configurar o servidor Windows Server como controlador de dominio:

Instalación do servidor de dominio en Windows 2008 Server

Xestión de usuarios e grupos no directorio activo

O controlador de dominio almacena os usuarios e grupos nunha estrutura chamada directorio activo (ou Active Directory), que podemos xestionar coa aplicación de “Usuarios y equipos de Active Directory”:

Xestión de usuarios e grupos no directorio activo en Windows 2008 Server

Agregar equipos no dominio

Para que un equipo cliente da rede tome os usuarios e grupos do controlador de dominio, temos que agregalo ao dominio. Para poder facelo, debemos poñer como servidor de DNS no equipo cliente a dirección IP do controlador de dominio (ou do servidor de DNS do dominio, se está noutra máquina), para que poida atopar o controlador do dominio:

Agregar equipo Windows XP nun dominio
Agregar equipo Windows Vista nun dominio

Iniciar sesión no dominio

Unha vez incluído o equipo cliente dentro do dominio, no inicio de sesión poderemos seleccionar se queremos iniciar sesión con un usuario local do equipo ou un usuario do dominio:

Inicio de sesión nun dominio con Windows XP
Inicio de sesión nun dominio con Windows Vista
Ferramentas persoais
Crear un libro