Definir scripts de inicio de sesión en Windows Server
De Wiki do Pazo da Mercé
En moitas ocasións nos interesará que os usuarios teñan unha conexión directa a carpetas compartidas na rede en unidades de rede que se conecten de forma automática cando inicien sesión. Isto podemos facelo escribindo ficheiros de comandos (scripts) que se executen no inicio de sesión dos usuarios.
Os scripts de inicio de sesión almacénanse na carpeta compartida NETLOGON do servidor (Almacenada en c:\windows\sysvol...). Dentro desa carpeta creamos o script que queremos executar no inicio de sesión (ficheiro .bat).
Despois configuraremos os usuarios para que se execute este script no seu inicio de sesión:
|
Configuración de script de inicio de sesión en Windows 2008 Server |
