Descrición do protocolo IP
De Wiki do Pazo da Mercé
O protocolo a nivel de rede máis utilizado nas redes de ordenadores é o protocolo IP (Internet Protocol o Protocolo de Interrede). Este protocolo, que forma parte da pila de protocolos de TCP/IP, popularizouse enormemente debido ao grande éxito deste modelo e da rede Internet, que utiliza estes protocolos.
IP prove un servizo de datagramas non fiable, xa que non ofrece ningún mecanismo para determinar se un paquete alcanza ou non o seu destino e tampouco realiza ningún tipo de control de erros nos datos transmitidos. Deste xeito, o paquete transmitido podería chegar danado, noutra orde con respecto a outros paquetes, duplicado ou simplemente non chegar.
O protocolo IP define unha estrutura de paquete formada por unha cabeceira cun mínimo de 20 bytes e unha cola, nas que se inclúe información como dirección de orixe, dirección de destino, comprobación de erros, etc:
| 0-3 | 4-7 | 8-15 | 16-18 | 19-31 |
| Versión | Tamaño Cabeceira | Tipo de Servizo | Lonxitude Total | |
| Identificador | Flags | Posición de Fragmento | ||
| Time To Live | Protocolo | Suma de Control de Cabeceira | ||
| Dirección IP de Orixe | ||||
| Dirección IP de Destino | ||||
| Opcións | Recheo | |||
