Dispositivos de conexión de redes a nivel de rede
De Wiki do Pazo da Mercé
Nunha rede de área extensa, calquera estación intermedia na transmisión dunha mensaxe considérase un encamiñador ou router, xa que a súa función básica é a de dirixir os paquetes que recibe cara o destino. Para facelo, ao recibir un paquete, debe extraer deste a dirección de rede do destinatario e decidir cal é a mellor ruta, a partir do algoritmo e táboa de encamiñamento que utilice. Ademáis, cada encamiñador ten as súas propias direccións a nivel de rede.
Para realizar o encamiñamento do paquete, o router terá en conta información como número de saltos ou nodos intermedios ata o destino, velocidade de transmisión máxima dos enlaces, custo das transmisións e condicións do tráfico entre os enlaces. Un router proporciona os seguintes servizos na rede:
- Seguridade a través de filtros de paquetes (cortafogos ou firewalls). O router pode ser configurado de forma que se lle indique que paquetes deben poder pasar dunha LAN ao exterior e do exterior á LAN, que equipos permiten a conexión, etc.
- Pode integrar diferentes tecnoloxías de enlace de datos, como Ethernet, Token Ring, conexión sen fíos, etc.
- Permite a existencia de diferentes rutas alternativas contra conxestionamentos e fallos nas comunicacións.
Posto que un router tamén opera no nivel de enlace de datos, pode tamén ser usado no papel dun comutador, para conectar equipos dunha LAN. Á hora de decidirnos entre un conmutador ou un router, debemos ter en conta os seguintes criterios:
- Se se require soporte para rutas redundantes, envío intelixente de paquetes, control da seguridade nas comunicacións ou o acceso a unha rede de área extensa, se require un router.
- Se o que se quere é incrementar o ancho de banda para desconxestionar tráfico ou conectar redes diferentes, un conmutador ou unha ponte será mellor elección, xa que procesan e envían os datos a maior velocidade, o traballar directamente no nivel de enlace.
