Dispositivos de conexión de redes a nivel de transporte e aplicación
De Wiki do Pazo da Mercé
A pasarela ou gateway
As pasarelas permiten a comunicación entre diferentes arquitecturas e contornos. Encárganse de empaquetar e converter os datos dun contorno a outro, de forma que cada contorno poida entender os datos do outro contorno. Unha pasarela enlaza dous sistemas que non utilizan os mesmos protocolos de comunicacións, estruturas de formato de datos, linguaxes ou arquitectura.
As pasarelas conectan redes heteroxéneas; por exemplo, poden conectar un servidor Windows 2000 de Microsoft a unha arquitectura de rede de IBM. As pasarelas modifican o formato dos datos e os adaptan ao programa de aplicación de destino que recibe estes datos. Un gateway utiliza os datos dun contorno, desmantela a súa pila de protocolo anterior e empaqueta os datos na pila do protocolo da rede destino.
Existen dous tipos de pasarelas: A nivel de transporte e a nivel de aplicación. A diferencia elas radica no nivel ata o que desempaquetan a mensaxe que reciben para formar a nova mensaxe.
As pasarelas son tamén moi utilizadas en Internet, onde se conectan unha gran cantidade de redes diferentes.
O proxy
O proxy é un equipo que fai de intermediario entre dous equipos para un protocolo de aplicación concreto. Desta maneira, o proxy pode facer diversas funcións como o filtrado de paquetes para permitir ou denegar o seu paso, almacenar temporalmente os datos recibidos para reducir o uso da rede (proxy caché), etc.
Dado que o proxy funciona a nivel de aplicación, podemos falar dun proxy http, un proxy de correo (smtp, pop, imap), etc.
