Elementos básicos da web. Linguaxe HTML. Navegadores
De Wiki do Pazo da Mercé
Que é a web
- A web (ou 'World Wide Web, WWW) é un sistema de documentos de hipertexto enlazados e accesibles a través de Internet.
- Cun navegador web, un usuario visualiza sitios web compostos de páxinas web que poden conter texto, imaxes, vídeos ou outros contidos multimedia, e navega a través delas usando enlaces (tamén chamados hiperenlaces).
- Os sitios web están almacenados en ordenadores que reciben o nome de servidores web, e que son os equipos aos que o navegador se conecta para poder descargar a páxina web que queremos visualizar (www.google.es, www.tuenti.es, etc.).
- Para poder comunicarse con calquera servidor web, os navegadores utilizan unha norma común ou protocolo chamado protocolo http (HyperText Transfer Protocol ou Protocolo de Transferencia de Hipertexto).
- Para indicar no navegador a páxina que queremos visualizar, teremos que introducir na caixa de texto de Dirección (que se atopa na parte superior da ventá) a URL da mesma, que terá o esquema: protocolo://nome_do_servidor/directorio/páxina , como por exemplo http://centros.edu.xunta.es/iespazodamerce/wiki/index.php/Portada
- Os navegadores tamén poden utilizar https (a versión segura de http) se queremos que toda a información que se intercambia entre o noso equipo e o servidor co que nos conectamos viaxe cifrada e evitar que se poida espiar facilmente.
A linguaxe HTML e a función dos navegadores
- Pero realmente, que é unha páxina web? Cando indicamos a URL na barra de direccións do navegador e prememos Enter, o navegador descarga do servidor indicado na URL a páxina web que tamén se indica nela, que consiste nun documento de texto escrito na linguaxe HTML (HyperText Markup Language ou Linguaxe de Marcado de Hipertexto).
- HTML define unha serie de marcas ou etiquetas que representan os elementos que pode haber nunha páxina web: Distintos tipos de textos, táboas, botóns, formularios, imaxes, etc.
- A etiquetas ábrense e péchanse e no medio terán un contido; por exemplo unha páxina web sempre comeza pola etiqueta <html> e finaliza coa etiqueta </html>, e entre estas dúas etiquetas está todo o contido da páxina.
- Pódese ver no seguinte enlace o esquema básico dunha páxina web en HTML: http://www.programacion.com/html/tutorial/curso/3
- Así, a función do navegador web é descargar o documento de texto que define o contido da páxina e todos os ficheiros que nel se referencian (imaxes, animacións flash, e outros compoñentes da páxina), e construír, seguindo as indicacións recollidas no documento en HTML, o resultado visual da páxina, que se mostra ao usuario. Por iso a mesma páxina pode verse de forma diferente dependendo do navegador que usemos.
- Normalmente o navegador permitiranos visualizar o código fonte da páxina en HTML (No menú Ver da barra de menús).
- Enlaces a un par de cursos básicos de HTML:
