Estándares e protocolos

De Wiki do Pazo da Mercé

Moitos fabricantes de software e hardware proporcionan produtos para a conexión de equipos en rede. Fundamentalmente, as redes son un medio de comunicación, de aí que a necesidade dos fabricantes de tomar medidas para asegurar que os seus produtos poderan interactuar foi xa prematura no desenvolvemento das tecnoloxías de redes.

Como as redes e os provedores de produtos para redes están estendidos por todo o mundo, a necesidade dunha estandarización se incrementa. Para dirixir os aspectos que concernen á estandarización, varias organizacións independentes crean especificacións estándares de deseño para os produtos de redes de equipos. Cando se manteñen estes estándares, é posible a comunicación entre produtos hardware e software de diversos vendedores.

Estes estándares definen fundamentalmente unha serie de protocolos. Os protocolos son regras e procedementos para a comunicación. O termo protocolo utilízase en distintos contextos. Por exemplo, os diplomáticos dun país axústanse ás regras do protocolo creadas para axudarlles a interactuar de forma correcta cos diplomáticos de outros países.

Da mesma forma se aplican as regras do protocolo ao contorno informático. Cando dous equipos están conectados en rede, as regras e procedementos técnicos que ditan a súa comunicación e interacción denomínanse protocolos. Estes protocolos, ou regras de comportamento, son especificacións estándar para dar formato aos datos e transferilos.

Entre os organismos de estándares máis destacados temos:

ORGANISMO SIGNIFICADO ENFOQUE URL
Broadband Forum Foro de banda ancha Tecnoloxías ADSL, VDSL e fibra www.broadband-forum.org
ANSI American National Standards Institute LANs e WANs www.ansi.org
ETSI European Telecommunications Standards Institute Telecomunicacións www.etsi.org
IEEE Institute of Electrical and Electronics Engineers LANs e WANs www.ieee.org
IETF Internet Engineering Task Force Internet www.ietf.org
IMTC International Multimedia Telecommunications Consortium Videoconferencia www.imtc.org
ISO International Organization for Standarization Tecnoloxías da información www.iso.org
ITU International Telecommunication Union Telecomunicacións www.itu.int
NTIA National Telecommunications And Information Administration Telecomunicacións www.ntia.doc.gov
SANS System Administration Network Security Seguridade en redes www.sans.org
TIA Telecommunications Industry Association Telecomunicacións www.tiaonline.org
PCIA Personal Communications Industry Association Comunicacións www.pcia.com
W3C World Wide Web Consortium Tecnoloxías web www.w3.org
Ferramentas persoais
Crear un libro