Funcións do nivel de transporte
De Wiki do Pazo da Mercé
Para poder proporcionar unha conexión fiable extremo a extremo o nivel de transporte deberá manter un control de erros e un control de fluxo para evitar a perda de datos. Estes controis xa foron tamén realizados nos niveis inferiores de enlace e rede, pero no nivel de transporte se realizan entre o orixe e o destino, corrixindo os problemas derivados da perda de paquetes entre distintas redes, funcionamento inadecuado ou bloqueo dos enrutadores, etc.
Outra función importante do nivel de transporte é a de direccionar de forma que se poida establecer dentro dun equipo a que programa vai destinado un paquete. É dicir, dentro dun mesmo equipo podemos estar ao mesmo tempo navegando por Internet e enviando correo electrónico, e o nivel de transporte se encarga de establecer mediante un mecanismo de dirección por programa cal é o programa que debe recibir cada paquete recibido.
Xeralmente, este mecanismo de direccións faise en base o que se coñece como portos; de forma que por cada dirección de rede teremos un determinado número de portos. Todo paquete leva como destino un número de porto, e así o receptor sabe a que programa debe ser dirixido.
