Introdución ás topoloxías de redes

De Wiki do Pazo da Mercé

Topoloxías de rede

Antes de que os equipos poidan compartir recursos ou realizar outras tarefas de comunicacións, necesitan estar conectados. Na maioría das redes utilízanse cables para conectar un equipo a outro (excepto nas redes sen fíos).

Sen embargo, crear unha rede non é tan simple como conectar a un equipo un cable que está conectado a outros equipos. Os distintos tipos de cable (combinados cos distintos tipos de tarxetas de rede, sistemas operativos de rede e outros compoñentes) requiren distintos tipos de organizacións.

O termo topoloxía, ou máis especificamente, topoloxía de rede, refírese á organización ou distribución dos equipos, cables e outros compoñentes da rede. Topoloxía é o termo estándar que utilizaremos cando nos refiramos ó deseño básico da rede.

Debemos distinguir nunha rede dous tipos de topoloxías:

  • Topoloxía física: Define o cable así como a disposición física da rede, é dicir, a maneira na que os nodos están conectados uns cos outros. Por exemplo, unha topoloxía particular pode determinar non só o tipo de cable usado, senón, ademais, por onde pasa o cable.
  • Topoloxía lóxica: É a forma na que se transmiten os sinais polo cable, isto é, o método que usa un nodo para comunicarse cos demais, e a rota que toman os datos da redes entre os diferentes nodos da mesma. A topoloxía lóxica define o camiño lóxico que os datos toman para ir dun equipo a outro.

A topoloxía lóxica pode coincidir ou non coa topoloxía física.

A topoloxía dunha rede afecta ás súas capacidades. A selección dunha topoloxía terá impacto sobre:

  • O tipo de equipamento que necesita a rede.
  • As capacidades dos equipos.
  • O crecemento da rede.
  • As formas de xestionar a rede.
Ferramentas persoais
Crear un libro