Método de acceso múltiple por detección de portadora con anulación de colisións (CSMA/CA)
De Wiki do Pazo da Mercé
O acceso múltiple por detección de portadora con anulación de colisións (CSMA/CA) é o método de acceso utilizado nas redes locais sen fíos.
Funciona de forma similar ao método anterior, pero en lugar de detectar as colisións cando se producen, se evita que se produza ningunha colisión. Hai dúas razóns para evitar as colisións en lugar de detectalas:
1.A posibilidade de detectar colisións require a posibilidade de enviar e recibir ao mesmo tempo. Nas redes sen fíos, unha estación non pode enviar a súa propia sinal e recibir outra simultaneamente para determinar se as transmisións de outra estación están interferindo coa propia transmisión.
2.Se una estación tivese detección de colisión e non a detectara cando envía, pode haber unha colisión no receptor e non detectala. Esta situación é característica do medio aéreo. Supoñamos que a estación A está transmitindo á estación B e que tamén ó mesmo tempo a estación C está transmitindo á estación B. Pode producirse o problema da estación escondida (hidden terminal), debido a que as obstrucións físicas no contorno poden facer que A e C non se poidan escoitar entre si, aínda que as transmisións de A e C con destino a B se estean interferindo entre elas.
Para evitar as colisións, cada equipo indica a súa intención de transmitir antes de transmitir os datos seguindo un protocolo de mapa de bits.
No protocolo de mapa de bits as estacións manteñen unha orde para a utilización da canle. O tempo de uso do medio altérnase en dous intervalos de tempo: un primeiro intervalo de tempo adícase a que as estacións se “fagan oír” e indiquen se desexan ou non transmitir unha trama e unha segunda parte na que as estacións que indicaron a súa intención de transmitir o fan. O intervalo de tempo para peticións divídese en ranuras de tempo numeradas de forma ascendente de forma que a cada estación lle corresponde unha ranura, e para indicar que quere transmitir unha estación colocará un bit a 1 na súa ranura. Se non o fai así, debe esperar ó seguinte intervalo para poder transmitir.
Na figura pódese ver un exemplo de este protocolo con 7 estacións das que a estación 0, 4 e 6 queren transmitir.
Como inconveniente deste protocolo, o informar da intención de transmitir datos aumenta o tráfico no cable e reduce o rendemento da rede.
