Medios de transmisión

De Wiki do Pazo da Mercé

O medio de transmisión é o soporte físico que facilita o transporte da información. A calidade da transmisión dependerá, en gran parte, das súas características. A meirande parte das redes están conectadas por algún tipo de cableado, que actúa como medio de transmisión por onde pasan os sinais entre os equipos.

Hai dispoñibles unha grande cantidade de tipos de cables para cubrir as necesidades e tamaños das diferentes redes, dende as mais pequenas ás mais grandes. Podemos distinguir tres tipos fundamentais de cables:

Estes medios de transmisións denomínanse medios guiados, xa que os sinais que se transmiten por eles seguen un camiño marcado polo cableado.

Sen embargo, o cable non é o único medio de transmisión das redes. O aire tamén é un medio de transmisión moi utilizando nas redes de comunicacións, utilizando ondas de distintas frecuencias. O aire é un exemplo dun medio de transmisión non guiado, xa que as ondas viaxan libres polo aire, sen ir confinadas por un conducto delimitado. Ata fai pouco tempo, o uso das transmisións sen fíos estaba restrinxido ás redes WAN e liñas de alta capacidades, sen embargo, hoxe en día a súa expansión nas LAN é cada vez maior, debido a súa flexibilidade e facilidade de instalación.

Ferramentas persoais
Crear un libro