O Sistema de Nomes de Dominio (DNS)

De Wiki do Pazo da Mercé

Aínda que sabemos que a comunicación entre dous equipos dentro da arquitectura TCP/IP faise a mediante as direccións IP dos mesmos, os usuarios non teñen que indicar a dirección IP dun equipo no seu ordenador para acceder a outro equipo da rede. No caso das redes Windows, xa mencionamos un protocolo de aplicación chamado WINS que ten como función a de traducir nomes de equipo a direccións IP, e que polo tanto permite nas redes Windows baseadas en TCP/IP que os usuarios accedan ós equipos a partir dun nome (o nome de NetBIOS).

Sen embargo, o protocolo DNS (Domain Name System) é un protocolo moito máis xeral que se utiliza en todo tipo de redes, incluído Internet. De feito, incluso hoxe en día as redes Windows utilizan este protocolo DNS para a tradución de direccións IP a nomes de equipos.

DNS utiliza unha clasificación xerárquica de nomes. Cada nome se forma por unha cadea de caracteres que se divide en varios nomes separados por puntos. No nivel superior, temos os nomes xenéricos ou nomes de primeiro nivel, que poden ser xenéricos ou de país:

Dominio Significado
com Comercial
edu Institucións educativas
int Organizacións internacionais
net Provedores de servizo de Internet
org Organizacións sen ánimo de lucro
es España
it Italia
jp Japón

Xunto a estes nomes aparece o nome distintivo da organización (nome de segundo nivel). Dentro da organización poden definirse subdominios, e así sucesivamente. Finalmente, no nivel inferior está o nome asignado ao equipo. Así, o nome www.miweb.com ten como dominio de primeiro nivel com (comercial), nome de empresa miweb, e nome de equipo www (nome que se soe utilizar para todos os servidores web).

Toda esta información relativa á organización dos dominios almacénase en servidores de DNS. A información almacenada nun servidor de DNS constitúe unha zona, que está definida por un conxunto de dominios e subdominios. A base de datos dunha zona está almacenada nun servidor de DNS primario, e tamén se poden definir servidores de DNS secundarios que se encargan de manter copias actualizadas da información da zona.

Cando un servidor de DNS non ten almacenado o nome que se lle solicita na súa zona, pedirá a outro servidor DNS o nome solicitado, que poderá pedirllo a súa vez a outro servidor DNS, e así sucesivamente.

Crear un libro