O cliente de samba

De Wiki do Pazo da Mercé

Índice

Instalación do cliente de samba

Para instalar o cliente de samba no noso sistema deberemos instalar os paquetes correspondentes segundo a nosa distribución:

  • En Ubuntu: samba-common, smbclient e smbfs.
  • En Mandriva: samba-common e samba-client.

Acceso a carpetas compartidas en equipos Windows

Existen varias formas de acceder a unha carpeta compartida nun equipo Windows utilizando o cliente de samba. A maioría delas consistirán en montar a carpeta compartida nunha carpeta local do noso equipo, de xeito que unha vez montada accederemos a esta carpeta como se estivese nun unidade de almacenamento local.

Utilizando o webmin

Podemos usar o webmin para montar unha carpeta compartida nun equipo Windows:

Montar unha carpeta por samba co webmin

Mediante comandos

Podemos utilizar o comando mount para montar unha carpeta compartida por un equipo Windows indicando como sistema de ficheiros cifs:

mount -t cifs //EquipoWindows/CarpetaCompartida /PuntoDeMontaxe -o username=UsuarioWindows

Ou podemos usar o comando smbmount, que realiza a mesma función:

smbmount //EquipoWindows/CarpetaCompartida /PuntoDeMontaxe -o username=UsuarioWindows

As montaxes realizadas con estes dous comandos non perdurarán se reiniciamos o noso equipo.

Tamén podemos utilizar o comando smbclient para iniciar unha sesión interactiva na carpeta compartida do equipo Windows na que podemos subir e descargar ficheiros de xeito similar a un servidor FTP:

smbclient //EquipoWindows/CarpetaCompartida -U UsuarioWindows

Editando o ficheiro /etc/fstab

Se queremos definir un punto de montaxe permanente a unha carpeta compartida por un equipo Windows da rede podemos facelo engadindo unha liña ao ficheiro /etc/fstab, que define todas as montaxes que o sistema Linux fará automaticamente cada vez que arranque:

//EquipoWindows/CarpetaCompartida /PuntoDeMontaxe cifs password=ClaveUsuarioWindows,username=UsuarioWindows 0 0
Ferramentas persoais
Crear un libro