O firewall de Windows
De Wiki do Pazo da Mercé
Índice |
Funcións do firewall de Windows
Un elemento importante da configuración de rede en Windows é o cortafogos ou firewall (incluído en Windows XP no Service Pack 2). Este servizo controla as conexións que se establecen dende o equipo ou que chegan a el e decide se se aceptan ou se rexeitan.
O firewall proporciona unha maior seguridade ao sistema, xa que pode evitar a entrada de virus ou software malintencionado no equipo.
Activación e desactivación do firewall
Dende o panel de control de Windows podemos configurar o equipo para que o firewall estea activado ou desactivado. Se desactivamos o firewall, o equipo aceptará calquera conexión tanto entrante (dende a rede ao equipo) como saínte (do equipo á rede):
|
Como desactivar o firewall en Windows XP |
Como desactivar o firewall en Windows Vista (Igual en Windows 2008 Server) |
Configuración do firewall: Definir excepcións
Co firewall activado, podemos configuralo para que protexa o equipo de conexións non desexadas e habilitar só as conexións que nos interesen. Deberemos definir excepcións para habilitar portos ou programas para os que queremos que o firewall permite as conexións:
|
Como definir excepcións no firewall en Windows XP |
Como definir excepcións no firewall en Windows Vista (Igual en Windows 2008 Server) |
Opcións avanzadas do firewall
O firewall de Windows ofrece opcións avanzadas como indicar as interfaces de rede sobre as que queremos que o firewall actúe ou a xestión de tráfico especial como o do protocolo ICMP:
|
Opcións avanzadas do firewall en Windows XP |
Opcións avanzadas do firewall en Windows Vista (Igual en Windows 2008 Server) |
