O modelo OSI
De Wiki do Pazo da Mercé
Índice |
Historia do modelo OSI
En 1978, a International Standards Organization, ISO (Organización internacional de estándares) divulgou un conxunto de especificacións que describían a arquitectura de rede para a conexión de dispositivos diferentes. O documento orixinal aplicouse a sistemas que eran abertos entre si, debido a que todos eles podían utilizar os mesmos protocolos e estándares para intercambiar información.
En 1984, a ISO presentou unha revisión deste modelo e o chamou modelo de referencia de Interconexión de Sistemas Abertos (OSI) que se converteu nun estándar internacional e se utiliza como guía deseñar e estudar a estrutura para as redes.
O modelo OSI é a guía mellor coñecida e máis amplamente utilizada para a visualización de contornos de rede. Os fabricantes axústanse ó modelo OSI cando deseñan o seus produtos para rede. Este ofrece unha descrición do funcionamento conxunto de hardware e software de rede por niveis para posibilitar as comunicacións. O modelo tamén axuda a localizar problemas proporcionando un marco de referencia que describe o suposto funcionamento dos compoñentes.
Características do modelo OSI
O modelo OSI representa sete niveis de proceso mediante o cal os datos se empaquetan e se transmiten desde unha aplicación emisora a través de cables físicos cara a aplicación receptora.
Cada nivel cobre diferentes actividades, equipos ou protocolos de rede. O modelo OSI define como se comunica e traballa cada nivel cos niveis inmediatamente superior e inferior. Por exemplo, o nivel de sesión comunícase e traballa cos niveis de presentación e de transporte. Dúas razóns fundamentais son as que levan a dividir a arquitectura das redes en niveis:
- As redes de ordenadores son sistemas complexos, que son máis fáciles de construír e manexar se se dividen e subsistemas máis simples.
- As tecnoloxías das redes cambian con moita rapidez, de forma que é de vital importancia conseguir que os distintos subsistemas sexan independentes entre si.
Podemos comparar os niveis de rede de OSI co proceso que segue unha carta que enviamos por correo. Nós vemos o proceso do envío da carta como:
Sen embargo, a carta se transportará pos diversos medios, se lle engadirá información, etc.
Cada nivel proporciona algún servizo ou acción que prepara os datos para entregalos a través da rede a outro equipo. Os niveis inferiores (1 e 2) definen o medio físico da rede e as tarefas relacionadas, como a colocación dos bits de datos sobre as tarxetas de rede (NIC, Network Interface Cards) e o cable. Os niveis superiores definen a forma en que as aplicacións acceden ós servizos de comunicación. Canto máis alto é o nivel, máis complexa é a súa tarefa.
Os niveis están separados entre si por fronteiras chamadas interfaces. Todas as demandas pásanse desde un nivel, a través desta interface, ata o seguinte. Cada nivel baséase nos estándares e actividades do nivel inferior.
Relación entre os niveis
Cada nivel proporciona servizos ao nivel inmediatamente superior que o protexe dos detalles de implementación dos servizos dos niveis inferiores. Ao mesmo tempo, a cada nivel lle parece estar en comunicación directa co seu nivel asociado do outro equipo. Ás entidades de niveis correspondentes de máquinas distintas se lles chama entidades pares.
Esto proporciona unha comunicación lóxica, ou virtual, entre niveis análogos. En cada nivel, o software implementa as funcións de rede de acordo con un conxunto de protocolos.
Antes de pasar os datos dun nivel a outro, divídense en paquetes, ou unidades de información, que se transmiten como un todo desde un dispositivo a outro sobre unha rede. A rede pasa un paquete dun nivel software a outro na mesma orde dos niveis. En cada nivel, o software agrega información de formato, control e direccionamento ao paquete, que é necesaria para a correcta transmisión do paquete a través da rede.
No extremo receptor, o paquete pasa a través dos niveis en orde inversa. unha utilidade software en cada nivel le a información do paquete, a elimina e pasa o paquete cara o seguinte nivel superior. Cando o paquete alcanza o nivel de aplicación, a información de direccionamento foi eliminada e o paquete encóntrase no seu formato orixinal, e así é lexible polo receptor.
Coa excepción do nivel máis baixo do modelo de redes OSI, ningún nivel pode pasar información directamente ao seu homólogo do outro equipo. No seu lugar, a información do equipo emisor debe ir descendendo por todos os niveis ata alcanzar o nivel físico. Nese momento, a información desprázase a través do cable de rede ata ó equipo receptor e ascende polos seus niveis ata que alcanza o nivel correspondente. Por exemplo, cando o nivel de rede envía información desde o equipo A, a información descende ata os niveis de enlace de datos e físico da parte emisora, atravesa o cable e ascende os niveis físico e de enlace de datos da parte receptora ata o seu destino final no nivel de rede do equipo B.
A interacción entre niveis adxacentes ocorre a través dunha interface. A interface define os servizos ofrecidos polo nivel inferior para o nivel superior e, o que é máis, define como se accede a ditos servizos.
Funcionamento dos niveis no modelo OSI |
Os paquetes de datos
O proceso de creación de paquetes iníciase no nivel de aplicación do modelo OSI, onde se xeneran os datos. A información a enviar a través da rede comeza no nivel de aplicación e descende ó longo dos sete niveis.
En cada nivel, agrégase ós datos información relevante dese nivel. Esta información é utilizada polo correspondente nivel do equipo receptor. O nivel de enlace de datos do equipo receptor, por exemplo, lerá a información agregada no nivel de enlace de datos do equipo emisor.
No nivel de transporte, o bloque de datos orixinal divídese nos paquetes reais. O protocolo define a estrutura dos paquetes utilizados polos dous equipos.
Cando o paquete alcanza o nivel de transporte, agrégase unha secuencia de información que guía ao equipo receptor na desagrupación dos datos dos paquetes.
Cando, finalmente, os paquetes pasan a través do nivel físico ao cable, conteñen información de cada un dos outros seis niveis.


