O protocolo ICMP

De Wiki do Pazo da Mercé

O protocolo ICMP (Internet Control Message Protocol ou Protocolo para o Control de Mensaxes en Internet) é utilizado conxuntamente con IP, xa que realmente é unha parte integrante de IP e utiliza os mesmos paquetes e direccións.

Sen embargo, o obxectivo concreto deste protocolo é o de informar de erros no procesamento de paquetes. Existen varias situacións nas que os equipos envían notificacións mediante paquetes ICMP, como por exemplo:

  • Cando un paquete non se puido enviar ao destino.
  • Cando un equipo non ten suficiente capacidade de almacenamento temporal para procesar e reenviar unidades de datos.
  • Cando existen rutas máis curtas para chegar ao nodo de destino.

A aplicación de rede ping (que permite testar se hai conexión con outro equipo) está baseada no protocolo ICMP.

Crear un libro