O servidor de samba
De Wiki do Pazo da Mercé
Índice |
Instalación do servidor de samba
Para instalar o servidor de samba no noso sistema deberemos instalar os paquetes correspondentes segundo a nosa distribución:
- En Ubuntu: Paquete samba, e o nome do servizo é samba.
- En Mandriva: Paquete samba-server, e o nome do servizo é smb.
Configuración básica
Haberá unha serie de datos de configuración básicos que deberemos establecer para o servidor de samba, como son:
- Nome do equipo na rede Windows.
- Grupo de traballo no que se integra o equipo na rede Windows.
- O modo de seguridade do servidor, que establecerá o mecanismo que usará o servidor de samba para xestionar o acceso aos recursos compartidos:
- Nivel de compartición: Utiliza claves por carpetas compartidas en lugar de claves por usuarios.
- Nivel de usuario: Para acceder a unha carpeta compartida, solicita un nome de usuario e clave de debe ser válido la lista de usuarios de samba
- Servidor de claves de acceso: Samba autentificará aos usuarios contra outro servidor de samba que se lle indique.
- Dominio: Utilizarase se o servidor de samba está integrado dentro dun dominio Windows NT e toma os usuarios del.
- Active directory: Utilizarase se o servidor de samba está integrado nun dominio con Active Directory e toma os usuarios del.
Poderemos configurar estes parámetros usando o webmin:
|
Configuración do servidor samba con webmin |
Xestión de usuarios no servidor de samba
O servidor de samba mantén unha lista de usuarios, claves e grupos independente da lista do sistema (aínda que cada usuario desta lista está asociado a un usuario do sistema), que utiliza para restrinxir o acceso aos recursos compartidos.
Dende o webmin podemos xestionar os usuarios e grupos de samba, e dispoñemos de utilidades para importar os usuarios de Linux a usuarios samba:
|
Xestión de usuarios samba co webmin |
Compartir carpetas por samba
Podemos usar o webmin para compartir carpetas e impresoras do equipo por samba para que poidan ser utilizadas por equipos Windows:
|
Compartir carpetas por samba co webmin |
Xestión de permisos nas carpetas compartidas por samba
Samba permite utilizar listas de control de acceso para restrinxir o uso das carpetas compartidas.
Poderemos indicar que usuarios e/ou grupos samba teñen permiso de acceso a unha carpeta compartida, así como o tipo de permiso (só lectura ou lectura e escritura):
|
Xestión dos permisos nas carpetas compartidas por samba |
