Os concentradores ou hubs
De Wiki do Pazo da Mercé
Un concentrador ou hub é un elemento do nivel físico que serve para conectar varios ordenadores.
O mecanismo no que se basea un hub é similar ao de un repetidor, coa diferencia de que un hub ofrece varios conectores ou portos (4, 8, 16...), de forma que o sinal recibido por un dos portos é retransmitido por todos os portos restantes do hub.
Para a conexión dos equipo ao hub úsanse cables de UTP ou STP. Os conectores RJ45 utilízanse para realizar as conexións entre o cable e os elementos que conecta (tanto hub como ordenador).
Fai xa uns anos, a expansión dos hubs nas redes de área local foi enorme, chegando a ser un dispositivo estándar nas mesmas. Podemos distinguir distintos tipos de hubs:
- Hubs activos: A maioría dos hubs son activos; é dicir, rexeneran e retransmiten os sinais do mesmo modo que un repetidor. Como os hubs teñen varios portos para conexión de equipos da rede, a miúdo se lles chama repetidores multiporto. Os hubs activos requiren corrente eléctrica para o seu funcionamento.
- Hubs pasivos: Coñecidos como paneis de conexión ou os bloques de conexión. Actúan como puntos de conexión e non amplifican ou rexeneran o sinal; simplemente o sinal pasa a través do hub. Os hubs pasivos non necesitan corrente eléctrica para funcionar. É moi raro atopar hoxe en día este tipo de hubs.
- Hubs híbridos: Os hubs híbridos son hubs avanzados que permiten conectar distintos tipos de cables (Coaxial, par trenzado, etc.).
Os sistemas baseados en hubs son versátiles e ofreceron varias vantaxes sobre os sistemas que non utilizaban hubs. Nunha rede cun bus de comunicacións lineal, unha rotura no cable facía caer toda a rede. Sen embargo, utilizando hubs, unha rotura en calquera dos cables conectados ao hub só afecta a un segmento limitado da rede. Un cable roto ou desconectado só afecta a unha estación, mentres o resto da rede segue funcionando.
As redes baseadas en hubs inclúen os seguintes beneficios:
- Os sistemas de cableado poden ser modificados ou ampliados a medida que sexa necesario.
- Pódense usar portos diferentes para adaptarse a diversos sistemas de cableado.
- Pódese centralizar a monitorización da actividade e o tráfico da rede. Moitos hubs teñen capacidades de diagnóstico que poden indicar se unha conexión está funcionando ou non.
Os hubs poden conectarse entre si para unir un número maior de equipos. Dependendo de como conectamos os hubs entre si podemos falar de dous tipos de conexións:
- En serie ou cascada: Un hub se conecta ao seguinte, que se conecta ao seguinte e así sucesivamente. Desta forma só podemos conectar ata 4 hubs en redes a 10 Mbps e 2 en redes a 100 Mbps.
- En estrela: Todos os hubs únense a un hub central. O número máximo de hubs a conectar ven imposto polo número de portos que teña o hub central.
