Os módems

De Wiki do Pazo da Mercé

Índice

Funcións básicas dun módem

Esquema de comunicación por módem

Un módem é un dispositivo que permite ós equipos comunicarse a través dunha liña telefónica. Cando os equipos están demasiado lonxe como para conectarse a través dun cable estándar, pódese levar a cabo a comunicación entre eles mediante un módem.

Os equipos non se poden conectar a través dunha liña telefónica posto que estes comunícanse enviando pulsos electrónicos dixitais, e unha liña telefónica só pode enviar ondas analóxicas.

O módem que se atopa no PC emisor converte os sinais dixitais en ondas analóxicas e transmite estas ondas analóxicas a través da liña telefónica. O módem que recibe o sinal, converte os sinais analóxicos que le chegan en sinais dixitais para que as reciba o PC.

Sen embargo, o modem non sempre converte sinais analóxicos a dixitais ou viceversa. Hai casos de liñas telefónicas dixitais, como a liña RDSI (Rede Dixital de Servizos Integrados) para as que tamén son necesarias o uso de modems que adapten a forma do sinal a transmitir ás características da liña de comunicación. Noutras palabras, un módem emisor MOdula (adapta) os sinais para que se transmitan pola liña e un módem receptor DEModula os sinais que recibe en sinais para os equipo conectado a el.

A modulación

Modulación ASK
Modulación FSK
Modulación PSK

O módem modula un sinal sinusoidal de frecuencia fixa, chamada portadora a fin de poder transmitir os datos dixitais. Todo sinal sinusoidal pode ser modulada a través de alteracións na súa frecuencia, fase ou amplitude, ou combinacións das mesmas.

Podemos distinguir distintos tipos de modulacións:

  • Modulación por amplitude (ASK): Variamos a amplitude do sinal portador dependendo de si enviamos un 1 ou un 0.
  • Modulación por frecuencia (FSK): Ao transmitir un 1 emítese a portadora cunha frecuencia e ó transmitir un 0 con outra. Foi utilizada nas liñas telefónicas para transmitir a frecuencias baixas. As velocidades que se obteñen son escasas, non máis de 300 bps.
  • Modulación por fase (PSK): Esta técnica baséase na transmisión de información a través de cambios na fase do sinal portador.
  • Modulación QAM: Modulación por fase e amplitude. Unión de ASK e PSK. Así podemos asignar máis de un bit ó mesmo evento, combinando os cambios de amplitude e fase simultaneamente.

Velocidade dos modems

A velocidade do módem mídese en dúas posibles unidades:

  • Bits por segundo (bps): Bits transmitidos polo módem nun segundo.
  • Baudios: É importante distinguir esta medida da de bits por segundo, xa que os baudios expresan o número de símbolos do sinal transmitido por segundo. Coa evolución das técnicas de modulación, nun mesmo símbolo do sinal poden enviarse varios bits, e polo tanto a taxa de bps pode ser moito maior que a de baudios. Por exemplo, un módem que modula a 28.800 baudios pode enviar 115.200 bps. Polo tanto, os bps son o parámetro para saber a velocidade de transmisión efectiva dun módem, e non os baudios.

Hai que ter en conta que a velocidade de transmisión de datos dun módem pode ser distinta da de recepción (módems asimétricos).

Estándares de módems

Os estándares son necesarios posto que permiten ós módems de un fabricante poder conectarse cos módems de outro fabricante.

Dende finais dos anos 80, o ITU (International Telecommunications Union) desenvolve estándares para os módems. Estas especificacións, coñecidas como as series V, inclúen un número que indica o estándar. Como punto de referencia, o módem V.22bis a 2.400 bps tardaría 18 segundos en enviar unha carta de 1.000 palabras. O módem V.34 a 9.600 bps tardaría só catro segundos en enviar a mesma carta e o estándar de compresión V.42bis nun módem de 14.400 bps pode enviar a mesma carta en só tres segundos.

Ademais, o estándar pode definir o tipo de transmisión que utilizará o módem, síncrona ou asíncrona. Os módems síncronos son máis caros que os asíncronos, porque incorporan un reloxo interno para a sincronización das transmisións.

Os estándares especifican tamén o tipo de modulación a utilizar. Así, por exemplo, a norma V.12 utiliza modulación FSK, a norma V.22 PSK e a V22bis QAM, etc.

Na seguinte táboa preséntanse los estándares de compresión e os seus correspondentes parámetros:

Estándar bps Data Uso
V.17 14.400 FAX
V.21 300 Datos
V.22 1.200 Datos
V.22bis 2.400 1984 Datos
V.23 600/1.200 Datos
V.25 Estándares de chamada e contestación automática.
V.26 2.400 Datos
V.26bis 1.200/2.400 Datos
V.26ter 2.400 Datos
V.27 4.800 Datos
V.27bis 2.400/4.800 Datos
V.27ter 2.400/4.800 Datos
V.29 9.600 Datos
V.32 9.600 1984 Datos
V.32bis 14.400 1991 Datos
V.32ter 19.200 1993 Datos
V.33 14.400 1993 Datos
V.34 28.800 1994 Datos
V.35 48.000 Datos
V.42 57.600 1995 Estándar de corrección de erros en liñas ruidosas
V.42bis 56.600 Compresión de datos 4:1 para transferencias de alta velocidade
V.90 56.600 1998 Estándar de módem a 56K; resolveu a competencia entre os estándares U.S. Robotic X2 e Rockwell K56 Flex.
Ferramentas persoais
Crear un libro