Os repetidores
De Wiki do Pazo da Mercé
Cando os sinais viaxan a través dun cable, degrádanse e distorsiónanse no proceso denominado atenuación. Se un cable é bastante longo, a atenuación provocará finalmente que o sinal sexa practicamente irrecoñecible. A instalación dun repetidor permite ós sinais viaxar sobre distancias máis longas. O repetidor rexenera os sinais da rede e reenvíaos a outros segmentos
O repetidor toma un sinal débil dun segmento, o rexenera e a pasa ó seguinte segmento. Para pasar os datos dun segmento a outro a través do repetidor, deben ser idénticos en cada segmento os paquetes e os protocolos.
Os repetidores non traducen nin filtran sinais. Os repetidores envían cada bit de datos dun segmento de cable a outro, incluso cando os datos forman paquetes mal configurados ou paquetes non destinados a utilizarse na rede. Isto significa que a presencia dun problema nun segmento pode propagarse ao resto dos segmentos. Os repetidores non actúan como filtros para restrinxir o el fluxo do tráfico problemático.
Ademáis, os repetidores pasarán una «tormenta» de difusión dun segmento ó seguinte, e así a través de toda a rede. Unha «tormenta» de difusión prodúcese cando o número de mensaxes de difusión que aparece na rede é superior ó límite do ancho de banda da rede. O rendemento da rede vai disminuír cando un dispositivo está respondendo a un paquete que está continuamente circulando pola rede ou a un paquete que está continuamente intentando contactar cun sistema que nunca responde.
O que si poden facer os repetidores é desprazar paquetes dun tipo de medio físico a outro. Poden coller un paquete que chega dun segmento con cable coaxial fino e pasalo a un segmento de fibra óptica. Por tanto, o repetidor é capaz de adaptar conexións físicas diferentes.
Os repetidores constitúen a forma máis barata de estender unha rede, cando é necesario estender a rede máis alá da súa distancia.
Hoxe en día, non é frecuente o uso de repetidores nas redes de área local, xa que foron substituídos polos hubs ou concentradores.
