Protocolos de transporte en Windows

De Wiki do Pazo da Mercé

Como xa mencionamos no tema anterior, as redes Microsoft usaron nun principio o protocolo NetBIOS a nivel de transporte para realizar a comunicación entre estacións. Este protocolo identifica os equipos a través dun nome que, como máximo, pode ter 16 caracteres de lonxitude organizados todos no mesmo nivel.

Actualmente, os sistemas Windows xa non utilizan por defecto NetBIOS nin NetBEUI, senón que utilizan NetBT, unha nova versión que funciona sobre TCP/IP. Este protocolo é necesario para permitir conectar redes Windows a Internet, xa que esta baséase no protocolo IP.

Para realizar a conversión entre nomes de equipo de NetBIOS e as direccións IP que teñen asignadas, en Windows usábase un servizo de aplicación chamado WINS (Windows Internet Naming Service) .

Ferramentas persoais
Crear un libro