Que recursos informáticos podo utilizar no centro

De Wiki do Pazo da Mercé

O noso centro conta con recursos informáticos repartidos en diversas aulas específicas de informática, aulas de clase e despachos outras dependencias. Este páxina recolle un breve resumo dos recursos que se poden utilizar no centro.

Índice

Aulas de informática

  • Aula de informática 1: Esta aula, situada no primeiro andar do edificio do Pazo, conta con 20 ordenadores para o alumnado e un equipo para o profesor, unha impresora láser monocromo e un canón proxector conectado ao equipo do profesor.
  • Aula de informática 2: Esta aula, situada no segundo andar do edificio do Pazo, conta con 20 ordenadores para o alumnado e un equipo para o profesor, unha impresora láser monocromo e un canón proxector conectado ao equipo do profesor.
  • Biblioteca: A biblioteca conta con 19 ordenadores portátiles almacenados no búnquer que se conectan automaticamente á rede do centro mediante unha rede sen fíos. Conta tamén con un equipo de sobremesa para o profesor, unha impresora láser monocromo e un canón proxector conectado ao equipo do profesor, que tamén se pode utilizar con conexión sen fíos con algún dos ordenadores portátiles.
  • Aula de 1º curso de ciclo de informática: Esta aula conta con 18 ordenadores para o alumnado e un equipo para o profesor, unha impresora láser monocromo e un canón proxector conectado ao equipo do profesor.
  • Aula de 2º curso de ciclo de informática: Esta aula conta con 10 ordenadores para o alumnado e un equipo para o profesor, unha impresora láser monocromo e un canón proxector conectado ao equipo do profesor.

Equipos informáticos en aulas e laboratorios

Ademais das aulas específicas de informática e a biblioteca, hai instalados equipos informáticos en outras aulas e laboratorios:

  • Aula de usos múltiples: Conta con un ordenador conectado a un canón proxector e a unha pizarra dixital.
  • Aula de pedagoxía terapéutica: Conta con catro ordenadores, unha impresora de chorro de tinta, un canón proxector e unha pizarra dixital.
  • Laboratorio de física: Conta con un ordenador e un canón proxector.
  • Laboratorio de ciencias: Conta con un ordenador e un canón proxector.
  • Aula de plástica: Conta con un ordenador e un canón proxector.
  • Aula de música: Conta con un ordenador e un canón proxector.
  • Taller de tecnoloxía: Conta con un ordenador e un canón proxector.
  • Aula de 2º de bacharelato: Conta con un ordenador e un canón proxector.

Equipos informáticos noutras dependencias do centro

Tamén hai instalados equipos informáticos nas seguintes dependencias:

  • Conserxería: Un ordenador para fins administrativos e outro para o punto de información. Fotocopiadora conectada á rede do centro.
  • Administración: Un ordenador de uso libre e outro para fins administrativos, e impresora láser monocromo.
  • Secretaría/Vicedireción: Dous ordenadores, escáner e impresora láser monocromo.
  • Xefatura de estudos: Un ordenador, impresora láser monocromo e impresora de chorro de tinta.
  • Direción: Un ordenador e impresora láser monocromo.
  • Sala de profesores: Tres ordenadores, impresora multifunción láser a cor e dúas impresoras láser monocromo.
  • Departamento de inglés e francés: Un ordenador.
  • Departamento de matemáticas e ciencias: Un ordenador.
  • Departamento de xeografía e historia: Un ordenador conectado a un canón proxector.
  • Departamento de lingua galega: Un ordenador.
  • Departamento de lingua castelá: Un ordenador.
  • Departamento de informática: Tres ordenadores e impresoras multifunción láser a cor.

Uso da impresora multifunción da sala de profes

Na sala de profesores está instalada unha impresora multifunción (fotocopiadora, escáner e impresora) láser a cor que pode ser utilizada dende calquera equipo do centro.

Como imprimir na multifunción dende calquera equipo do centro

Para poder imprimir nesta impresora dende calquera equipo do centro (departamentos, aulas, etc.) haberá que solicitar a calquera profe do equipo de mantemento que instale a impresora nese equipo. Dado que a impresora está conectada directamente á rede do centro, unha vez instalada poderase imprimir dende ese equipo na impresora independentemente de que os equipos da sala de profes estean ou non encendidos. A impresora aparecerá no equipo como EPSON ACULASER

Como imprimir a cor

Por defecto, configurarase a impresora para que imprima en branco e negro, para evitar o consumo excesivo dos cartuchos de cor. Se se quere imprimir a cor, seleccionaremos ao imprimir as Propiedades da impresora e marcaremos que queremos que queremos imprimir a cor na pantalla que se mostra na imaxe:

Ficheiro:Epson1.jpg

Como imprimir a dobre cara

A impresora imprime por defecto a unha soa cara, e non permite imprimir a dúas caras de forma automática, pero si de forma manual.

Se queremos imprimer un documento a dúas caras, seleccionaremos ao imprimir as Propiedades da impresora e marcaremos que queremos imprimir en Dúplex(Manual), como se mostra na imaxe. Mostrarasenos unha ventá na que se nos explica que primeiro se imprimirán todas as páxinas por unha cara e unha vez impresas todas deberemos coller todas as páxinas impresas tal e como están, sen darlle ningunha volta en ningún sentido e introducilas de novo na bandexa. A continuación a impresora imprimirá na outra cara das páxinas:

Como escanear documentos

Unha vez instalada a impresora nun equipo, tamén poderemos escanear documentos dende ese equipo. Picaremos na icona de Epson Scan do Escritorio e veremos a ventá na que podemos seleccionar propiedades do escaneado (cor, resolución, etc.) e picaremos no botón de Escanear. A continuación veremos unha ventá na que podemos indicar onde queremos que se garden as imaxes do que escaneemos (por defecto as almacena en Mis imágenes) e picamos no botón de Aceptar para escanear:

Ferramentas persoais
Crear un libro