Redes sen fíos

De Wiki do Pazo da Mercé

O estándar IEEE 802.11 é o protocolo do proxecto 802 que define o nivel físico e de acceso ao medio para unha rede de area local non cableada. Este estándar, publicado no ano 1997 pronto quedou obsoleto debido a súa limitación de velocidade a un máximo de 2 Mbps. É por iso que apareceron distintas revisións deste estándar que presentan melloras sobre o mesmo:

  • IEEE 802.11b: Traballa na frecuencia de 2,4 Ghz cunha velocidade máxima de transmisión de 11 Mbps.
  • IEEE 802.11a: Traballa na frecuencia de 5 Ghz e velocidades de transmisión de ata 54 Mbps.
  • IEEE 802.11g: Traballa na frecuencia de 2,4 Ghz cunha velocidade máxima de transmisión de 54 Mbps.
  • IEEE 802.11n: Actualmente en estado de borrador (draft), pode traballar nas frecuencias de 2,4 e 5 Ghz, e espérase que poida chegar a unha velocidade de 600Mbps, aínda que os dispositivos que actualmente siguen as especificacións do borrador chegan ata 300Mbps.

O principal problema que presentou a norma 802.11a na súa implantación en Europa é que o rango de frecuencias que utiliza está reservado para outros servizos. Os estándares 802.11b e 802.11g están deseñados para operar na banda de frecuencias entre 2,4 y 2,4835 GHz. Esta banda ten a peculiaridade de que é de uso libre e polo tanto non hai que ter ningún permiso especial nin pagar cota algunha para a súa utilización, e isto fixo que estas alternativas se estenderan moito máis. Dado que esta banda de 2,4 a 2,5 GHz é de uso libre, cada usuario é responsable das posibles interferencias que poden haber entre usuarios.

Dentro desta banda defínense ata 14 canais, cada un deles de 22 Mhz cunha separación entre eles de 5 Mhz. Esto provoca unha superposición entre canais adxacentes como se pode ver na figura.

Rede en infraestrutura
Rede ad hoc

Por esta razón recoméndase nunha instalación o uso de como máximo tres canais, de forma que non se superpoñan e polo tanto no se interfiran. En España son os seguintes:

  • Canais 1 – 6 – 11
  • Canais 2 – 7 – 12
  • Canais 3 – 8 – 13

Con respecto á arquitectura da rede, o estándar 802.11 contempla tanto a arquitectura en infraestrutura e ad hoc.

  • Na arquitectura en infraestrutura o bloque fundamental da arquitectura é a cela, coñecida como BSS (Basic Service Set). Unha cela BSS consta dunha ou máis estacións inalámbricas e unha estación central base, coñecida como AP (Access Point – Punto de acceso) na terminoloxía 802.11.
    As estacións sen fíos, que poden ser fixas ou móbiles, e a estación central base se comunican entre elas mediante o protocolo IEEE 802.11. Múltiples APs pódense conectar xuntos mediante redes cableadas, conformando o que se chama un Sistema de Distribución (DS). Un Sistema de Distribución é unha soa rede 802 a efecto dos protocolos de niveis superiores, xa que a parte inalámbrica emprega o protocolo 802.11 e na parte cableada o Ethernet (802.3).
  • Unha rede ad hoc é unha rede sen control central nin conexións co mundo exterior. Neste caso a rede ademais de non dispor de cable algún, non emprega ningún Punto de Acceso (AP). Sen embargo, este caso é moi pouco frecuente na práctica, xa que as redes inalámbricas estarán sempre unidas a algunha rede cableada.
Ferramentas persoais
Crear un libro