Servizos e tarefas de mantemento do servidor do centro
De Wiki do Pazo da Mercé
(Redirixido desde "Servizos e tarefas de mantemento do servidor de dominio")
Características do servidor
Actualmente temos un servidor que presta distintos servizos na rede do centro. As súas características básicas son:
- Nome do equipo: meiga
- Direccións IP: 10.0.0.1 e 69.56.121.140
- Memoria RAM: 4GB
- 2 discos duros SCSI de 300GB en RAID 1
Servizos configurados
Almacenamento de carpetas de usuarios e datos
- Obxectivo e funcións: Centralizar as carpetas persoais dos usuarios e as de datos comúns (comun, temporal e software) no servidor para que poidan ser usadas dende calquera equipo da rede. Establecer permisos para que cada usuario poida acceder a determinada información en función do seu perfil.
- Configuración:
- As carpetas almacénanse nos directorios /home, /comun, /temporal e /soft do servidor.
- Unha tarefa planificada de CRON borra o contido da carpeta temporal todos os fins de semana.
Almacenamento de imaxes de instalación para os equipos do centro
- Obxectivo e funcións: Centralizar no servidor o almacenamento das imaxes de instalacións dos equipos, co obxectivo de facilitar a instalación masiva das aulas a partir dun único equipo e a recuperación dos equipos en caso de virus ou fallos no disco ou de configuración.
- Configuración:
- Utilízase o programa Clonezilla para a confección e restauración das imaxes.
- As imaxes almacénanse no directorio /soft/imaxes/Clonezilla do servidor.
- Unha tarefa de CRON actualiza cada día os permisos das imaxes feitas con clonezilla para que todos os membros do equipo de mantemento poidan acceder a elas, xa que por defecto Clonezilla establece os permisos de forma que só pode acceder á imaxe o usuario que a subiu ao servidor.
Xestión de cotas de disco
- Obxectivos e funcións: Establecer un límite de espazo de disco por usuario para que non ocupe todo o espazo do servidor.
- Configuración: Dende o webmin poden visualizarase o estado das cotas de disco, e modifircar a cota dun usuario concreto. Tamén se pode modificar a cota por defecto para os novos usuarios (actualmente, 250 MB).
Copias de seguridade
- Obxectivos e funcións: Poder recuperar información de datos en caso de perda accidental por parte dos usuarios, fallo nos discos do servidor, roubo, catástrofe, etc.
- Configuración:
- Unha tarefa planificada de CRON realiza unha copia completa das carpetas persoais e común todos os fins de semana, e unha copia do modificado todos os días (luns, martes, mércores e xoves) nun disco usb externo.
- Todos os venres debe cambiarse o disco de copias de seguridade polo que está gardado no búnquer da sala de usos múltiples.
Servidor LDAP
- Obxectivos e funcións: Centralizar a xestión dos usuarios. Cada alumno e cada profesor do instituto dispón dunha conta persoal para o acceso a calquera equipo do centro, tanto dende Windows como dende Linux.
- Configuración:
- A xestión dos usuarios no LDAP pode facerse dende o webmin, co módulo de Usuarios e Grupos LDAP (Ver Como dar de alta un novo alumno ou profesor).
- A ferramenta LDAP Browser instalada no servidor permite facer consultas e operacións avanzadas sonbre o LDAP (importación e exportación de datos, etc.)
- Os clientes Linux autentifícanse directamente contra o LDAP, mentres que os clientes Windows autentifícanse contra o servidor de samba, que está enlazado con este servidor LDAP.
Servidor de samba
- Obxectivos e funcións: Centralizar a xestión dos usuarios dos clientes Windows, e compartir as carpetas persoais e comúns do servidor para poder acceder a elas tanto dende os equipos Windows (móntanse automaticamente nun script de inicio almacenado na carpeta compartida netlogon) como dende os equipos Linux (montan as carpetas de rede usando o cliente de samba coa librería pam_mount).
- Configuración:
- A configuración do servidor de samba almacénase no ficheiro de configuración /etc/samba/smb.conf. Pode xestionarse dende o webmin.
- O servidor de samba autentifica os usuarios contra o LDAP. Cando un usuario cambia a súa clave de samba dende un equipo Windows, tamén se cambia a súa clave no LDAP.
- Ten configurado o antivirus para que se analice os ficheiros que se gardan nas carpetas compartidas por samba.
- Carpetas compartidas polo servidor de samba:
- comun (Directorio /comun): O grupo de alumnos só pode ler nesta carpeta, mentres o grupo profes pode ler e escribir. Almacena carpetas para os distintos departamentos e grupos de usuarios ás que só poden acceder os usuarios deses grupos.
- temporal (Directorio /temporal): Todos os usuarios poden ler e esribir. Unha tarefa planificada CRON borra todo o contido desta carpeta todos os fins de semana.
- software (Directorio /soft): O grupo de alumnos só pode ler nesta carpeta, mentres o grupo profes pode ler e escribir. Almacena software e máquinas virtuais.
- netlogon (Directorio /netlogon): Esta carpeta almacena o script de inicio de sesión inicio.bat. Almacena tamén ficheiros de rexistro nos que e garda unha entrada cada vez que un usuario inicia sesión dende un equipo.
- imaxes: Almacena as imaxes de instalacións dos equipos do centro.
Enrutamento e NAT
- Obxectivos e funcións:
- Utilizar direccións IP privadas nos equipos de ciclo, e poder asignar así moitas direccións IP ás máquinas virtuais que se usan nas aulas.
- Controlar o acceso a Internet dende as aulas de ciclo.
- Configuración:
- Co webmin pódense modificar as regras do firewall para que permite ou denegue o acceso a Internet dende as aulas de ciclo (Ver Como abrir e pechar o acceso a Internet nas aulas de ciclos)
Servidor DHCP
- Obxectivos e funcións:
- Configuración:
Servidor de DNS
- Obxectivos e funcións:
- Configuración:
Servidor NX
- Obxectivos e funcións:
- Configuración:
Servizo de monitorización de DELL
- Obxectivos e funcións:
- Configuración:
