Xestionar os usuarios nun grupo de traballo
De Wiki do Pazo da Mercé
No grupo de traballo cada equipo almacena os seus usuarios de forma independente, de forma que os nomes de usuarios e contrasinais se almacenan en cada equipo (usuarios locais) e non teñen por que coincidir entre os distintos equipos do grupo de traballo.
|
Administración de usuarios e grupos locais en Windows XP |
Administración de usuarios e grupos locais en Windows Vista |
Isto presentará complicacións se queremos establecer permisos para recursos compartidos na rede (impresoras ou carpetas compartidas, por exemplo), xa que os permisos só se poden establecer para os usuarios do equipo no que compartimos o recurso, e eses usuarios non teñen porque existir nos outros equipos da rede.
