Características técnicas das transmisións

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 05:58, 23 agosto 2008

Índice

Redes punto a punto e multipunto

  • Rede Multipunto (Broadcast): Unha soa canle de comunicación é compartida por todas as máquinas. Un paquete de datos mandado por algunha máquina é recibido por todas as outras.
  • Rede Punto a punto (Point-to-Point): Temos moitas conexións entre pares individuais de máquinas. Os paquetes de unha máquina a outra poden atravesar máquinas intermedias, e entón precísase o ruteo (routing) para dirixilos.

Tranmisións analóxicas e dixitais

thumb|120px|right

  • Sinal analóxico: aquel que pode tomar calquera valor dentro dun rango determinado. A potencia do sinal analóxico recibido debe estar comprendido entre uns valores máximo e mínimo. A calidade depende non só da potencia recibida, senón tamén do ruído que a acompaña. Cando un sinal chega a un repetidor/amplificador este amplifica o sinal, co cal tamén amplifica o ruído que con ela chega.
  • Sinal discreto ou dixital: aquel que só toma un número finito de valores dentro dun rango determinado. A potencia do sinal discreto recibido debe estar comprendido entre uns valores máximo e mínimo. Cando un sinal chega a un repetidor este rexenera o sinal orixinal eliminando o ruído. Esta é a gran vantaxe das comunicacións dixitais, xa que son moito máis robustas ante o ruído que sempre aparece na transmisión.

Transmisión en serie e en paralelo

Neste caso distinguiremos dous tipos de secuenciamento dos bits transmitidos.

  • Serie: Os bits dunha palabra envíanse consecutivamente un tras outro.
  • Paralela: Os bits dunha palabra envíanse por diferentes circuítos/cables.

Aínda que o rendemento da trasmisión en paralelo é maior que o da transmisión en serie, en grandes distancias o seu comportamento empeora polas interferencias que os distintos cables provocan entre sí.

Comunicación símplex, dúplex e semidúplex

right|thumb|250px|

Neste caso podemos distinguir entre tres tipos de comunicacións nas redes segundo o fluxo de información entre o emisor e o receptor. As restriccións no sentido da comunicación poden vir dadas tanto polos dispositivos emisores ou receptores como pola propia liña de comunicación.

  • Comunicación símplex: Unha comunicación é símplex se están perfectamente definidas as funcións do emisor e receptor e a transmisión de datos sempre se efectúa exclusivamente nun sentido : de emisor a receptor.
    Dicimos que neste tipo de comunicación hai unha única canle física e unha única canle lóxica unidirecional.
  • Comunicación semidúplex ou half duplex: A comunicación pode ser bidireccional, é dicir, emisor e receptor poderán intercambiar os seus papeis; sen embargo, esta bidirecionalidade non pode ser simultánea. Cando o emisor transmite, o receptor necesariamente recibe; despois, o receptor pode exercer como emisor coa condición de que o antigo emisor pase a ser receptor.
    Na comunicación semidúplex hai unha única canle física e unha canle lóxica bidirecional.
  • Comunicación dúplex ou full duplex: Na comunicación dúplex a comunicación é bidireccional e ademáis simultánea. O emisor e o receptor non están perfectamente definidos: Ambos ETD actúan como emisor e receptor indistintamente.
    Na comunicación dúplex hai unha canle física e dúas lóxicas.

Transmisión síncrona e asíncrona

O sincronismo é o proceso polo que un emisor e un receptor se poñen de acordo sobre o instante preciso no que comeza ou remata unha información que se pon no medio de transmisión. Polo tanto, a sincronización require a definición dunha base de tempos sobre a que medir os distintos eventos que ocorren durante toda a comunicación. Un erro no sincronismo impedirá interpretar correctamente a información a partir dos sinais que viaxan polo medio.

Con respecto a técnica utilizada para conseguir o sincronismo na transmisión, podemos distinguir dous tipos de transmisións:

Imagen:Asincrona.jpg

  • Transmisión asíncrona: Unha transmisión é asíncrona cando o proceso de sincronización entre o emisor e o receptor se realiza en cada palabra de código transmitida (unha palabra é conxunto de bits con algún significado, a unidade mínima de comunicación).
    Isto se leva a cabo a través duns bits especiais que axudan a definir o contorno de cada código. No seguinte exemplo, podemos ver unha liña cun estado de reposo (1), pola que se transmite unha palabra de 8 bits enmarcada entre un bit de start (0) e un bit de stop (1).

Transmisión banda base e banda ancha

Crear un libro