Introdución ás topoloxías de redes

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 07:50, 20 agosto 2008

Antes de que os equipos poidan compartir recursos ou realizar outras tarefas de comunicacións, necesitan estar conectados. Na maioría das redes utilízanse cables para conectar un equipo a outro (excepto nas redes inalámbricas).

Sen embargo, crear unha rede non é tan simple como conectar a un equipo un cable que está conectado a outros equipos. Os distintos tipos de cable (combinados cos distintos tipos de tarxetas de rede, sistemas operativos de rede e outros compoñentes) requiren distintos tipos de organizacións.

O termo topoloxía, ou máis específicamente, topoloxía de rede, refírese á organización ou distribución dos equipos, cables e outros compoñentes da rede. Topoloxía é o termo estándar que utilizaremos cando nos refiramos ó deseño básico da rede.

Debemos distinguir nunha rede dous tipos de topoloxías:

  • Topoloxía física: Define o cable así como a disposición física da rede, é dicir, a maneira na que os nodos están conectados uns cos outros. Por exemplo, unha topoloxía particular pode determinar non só o tipo de cable usado, senón, ademáis, por onde pasa o cable.
  • Topoloxía lóxica: É a forma na que se transmiten os sinais polo cable, isto é, o método que usa un nodo para comunicarse cos demais, e a rota que toman os datos da redes entre os diferentes nodos da mesma. A topoloxía lóxica define o camiño lóxico que os datos toman para ir dun equipo a outro.

A topoloxía lóxica pode coincidir ou non coa topoloxía física.

A topoloxía dunha rede afecta ás súas capacidades. A selección dunha topoloxía terá impacto sobre:

  • O tipo de equipamento que necesita a rede.
  • As capacidades dos equipos.
  • O crecemento da rede.
  • As formas de xestionar a rede.
Crear un libro