Estándares e protocolos
De Wiki do Pazo da Mercé
(New page: Moitos fabricantes de software e hardware proporcionan produtos para a conexión de equipos en rede. Fundamentalmente, as redes son un medio de comunicación, de aí que a necesidade dos f...) |
m (Estándares e protocolos trasladada a Estándares e protocolos) |
Revisión como estaba ás 07:47, 20 agosto 2008
Moitos fabricantes de software e hardware proporcionan produtos para a conexión de equipos en rede. Fundamentalmente, as redes son un medio de comunicación, de aí que a necesidade dos fabricantes de tomar medidas para asegurar que os seus produtos poderan interactuar foi xa prematura no desenvolvemento das tecnoloxías de redes.
Como as redes e os provedores de produtos para redes están estendidos por todo o mundo, a necesidade dunha estandarización se incrementa. Para dirixir os aspectos que concernen á estandarización, varias organizacións independentes crean especificacións estándares de deseño para os produtos de redes de equipos. Cando se manteñen estes estándares, é posible a comunicación entre produtos hardware e software de diversos vendedores.
Estes estándares definen fundamentalmente unha serie de protocolos. Os protocolos son regras e procedementos para a comunicación. O termo protocolo utilízase en distintos contextos. Por exemplo, os diplomáticos dun país axústanse ás regras do protocolo creadas para axudarlles a interactuar de forma correcta cos diplomáticos de outros países.
Da mesma forma se aplican as regras do protocolo ao contorno informático. Cando dous equipos están conectados en rede, as regras e procedementos técnicos que ditan a súa comunicación e interacción denomínanse protocolos. Estes protocolos, ou regras de comportamento, son especificacións estándar para dar formato ós datos e transferilos.
Entre os organismos de estándares máis destacados temos:
Táboa
