Características técnicas das transmisións
De Wiki do Pazo da Mercé
(→Transmisión síncrona e asíncrona) |
|||
| Liña 33: | Liña 33: | ||
== Comunicación símplex, dúplex e semidúplex == | == Comunicación símplex, dúplex e semidúplex == | ||
| - | [[Imagen:Simplexeduplex.jpg|right|thumb|250px | + | [[Imagen:Simplexeduplex.jpg|right|thumb|250px]] |
Neste caso podemos distinguir entre tres tipos de comunicacións nas redes segundo o fluxo de información entre o emisor e o receptor. As restriccións no sentido da comunicación poden vir dadas tanto polos dispositivos emisores ou receptores como pola propia liña de comunicación. | Neste caso podemos distinguir entre tres tipos de comunicacións nas redes segundo o fluxo de información entre o emisor e o receptor. As restriccións no sentido da comunicación poden vir dadas tanto polos dispositivos emisores ou receptores como pola propia liña de comunicación. | ||
| Liña 49: | Liña 49: | ||
Con respecto a técnica utilizada para conseguir o sincronismo na transmisión, podemos distinguir dous tipos de transmisións: | Con respecto a técnica utilizada para conseguir o sincronismo na transmisión, podemos distinguir dous tipos de transmisións: | ||
| - | [[Imagen:Asincrona.jpg]] | + | [[Imagen:Asincrona.jpg|right|thumb|250px]] |
| + | |||
| + | * '''Transmisión asíncrona''': Unha transmisión é asíncrona cando o proceso de sincronización entre o emisor e o receptor se realiza en cada palabra de código transmitida (unha palabra é conxunto de bits con algún significado, a unidade mínima de comunicación). <br/>Isto se leva a cabo a través duns bits especiais que axudan a definir o contorno de cada código. No seguinte exemplo, podemos ver unha liña cun estado de reposo (1), pola que se transmite unha palabra de 8 bits enmarcada entre un bit de start (0) e un bit de stop (1).<br/>Nesta técnica, o emisor e receptor disparan un reloxo interno cada vez que se envía un bit de start, que marcarán pulsos a unha velocidade determinada previamente e igual nos dous extremos. Gracias a eles, tanto emisor como receptor saberán cando comeza e cando remata o sinal que representa cada bit de información. Cando se envía o bit de stop, estes reloxos se deteñen ata a nova sincronización.<br/>Posto que a sincronía da transmisión se restaura en cada palabra, este sistema é pouco sensible (é dicir, que non lle afectan moito) aos problemas que producen as faltas de sincronismo unha vez que se fixa a velocidade de transmisión. | ||
| - | |||
== Transmisión banda base e banda ancha == | == Transmisión banda base e banda ancha == | ||
Revisión como estaba ás 06:00, 23 agosto 2008
Índice |
Redes punto a punto e multipunto
- Rede Multipunto (Broadcast): Unha soa canle de comunicación é compartida por todas as máquinas. Un paquete de datos mandado por algunha máquina é recibido por todas as outras.
- Rede Punto a punto (Point-to-Point): Temos moitas conexións entre pares individuais de máquinas. Os paquetes de unha máquina a outra poden atravesar máquinas intermedias, e entón precísase o ruteo (routing) para dirixilos.
Imagen:Redemultipunto.jpg
Rede multipunto |
Imagen:Redepuntoapunto.jpg
Rede punto a punto |
Tranmisións analóxicas e dixitais
- Sinal analóxico: aquel que pode tomar calquera valor dentro dun rango determinado. A potencia do sinal analóxico recibido debe estar comprendido entre uns valores máximo e mínimo. A calidade depende non só da potencia recibida, senón tamén do ruído que a acompaña. Cando un sinal chega a un repetidor/amplificador este amplifica o sinal, co cal tamén amplifica o ruído que con ela chega.
- Sinal discreto ou dixital: aquel que só toma un número finito de valores dentro dun rango determinado. A potencia do sinal discreto recibido debe estar comprendido entre uns valores máximo e mínimo. Cando un sinal chega a un repetidor este rexenera o sinal orixinal eliminando o ruído. Esta é a gran vantaxe das comunicacións dixitais, xa que son moito máis robustas ante o ruído que sempre aparece na transmisión.
Transmisión en serie e en paralelo
Neste caso distinguiremos dous tipos de secuenciamento dos bits transmitidos.
- Serie: Os bits dunha palabra envíanse consecutivamente un tras outro.
- Paralela: Os bits dunha palabra envíanse por diferentes circuítos/cables.
Imagen:Linaserie.jpg
Transmisión en serie |
Imagen:Linaparalela.jpg
Transmisión en paralelo |
Aínda que o rendemento da trasmisión en paralelo é maior que o da transmisión en serie, en grandes distancias o seu comportamento empeora polas interferencias que os distintos cables provocan entre sí.
Comunicación símplex, dúplex e semidúplex
Neste caso podemos distinguir entre tres tipos de comunicacións nas redes segundo o fluxo de información entre o emisor e o receptor. As restriccións no sentido da comunicación poden vir dadas tanto polos dispositivos emisores ou receptores como pola propia liña de comunicación.
- Comunicación símplex: Unha comunicación é símplex se están perfectamente definidas as funcións do emisor e receptor e a transmisión de datos sempre se efectúa exclusivamente nun sentido : de emisor a receptor.
Dicimos que neste tipo de comunicación hai unha única canle física e unha única canle lóxica unidirecional.
- Comunicación semidúplex ou half duplex: A comunicación pode ser bidireccional, é dicir, emisor e receptor poderán intercambiar os seus papeis; sen embargo, esta bidirecionalidade non pode ser simultánea. Cando o emisor transmite, o receptor necesariamente recibe; despois, o receptor pode exercer como emisor coa condición de que o antigo emisor pase a ser receptor.
Na comunicación semidúplex hai unha única canle física e unha canle lóxica bidirecional.
- Comunicación dúplex ou full duplex: Na comunicación dúplex a comunicación é bidireccional e ademáis simultánea. O emisor e o receptor non están perfectamente definidos: Ambos ETD actúan como emisor e receptor indistintamente.
Na comunicación dúplex hai unha canle física e dúas lóxicas.
Transmisión síncrona e asíncrona
O sincronismo é o proceso polo que un emisor e un receptor se poñen de acordo sobre o instante preciso no que comeza ou remata unha información que se pon no medio de transmisión. Polo tanto, a sincronización require a definición dunha base de tempos sobre a que medir os distintos eventos que ocorren durante toda a comunicación. Un erro no sincronismo impedirá interpretar correctamente a información a partir dos sinais que viaxan polo medio.
Con respecto a técnica utilizada para conseguir o sincronismo na transmisión, podemos distinguir dous tipos de transmisións:
- Transmisión asíncrona: Unha transmisión é asíncrona cando o proceso de sincronización entre o emisor e o receptor se realiza en cada palabra de código transmitida (unha palabra é conxunto de bits con algún significado, a unidade mínima de comunicación).
Isto se leva a cabo a través duns bits especiais que axudan a definir o contorno de cada código. No seguinte exemplo, podemos ver unha liña cun estado de reposo (1), pola que se transmite unha palabra de 8 bits enmarcada entre un bit de start (0) e un bit de stop (1).
Nesta técnica, o emisor e receptor disparan un reloxo interno cada vez que se envía un bit de start, que marcarán pulsos a unha velocidade determinada previamente e igual nos dous extremos. Gracias a eles, tanto emisor como receptor saberán cando comeza e cando remata o sinal que representa cada bit de información. Cando se envía o bit de stop, estes reloxos se deteñen ata a nova sincronización.
Posto que a sincronía da transmisión se restaura en cada palabra, este sistema é pouco sensible (é dicir, que non lle afectan moito) aos problemas que producen as faltas de sincronismo unha vez que se fixa a velocidade de transmisión.
