O cliente de samba
De Wiki do Pazo da Mercé
(→Acceso a carpetas compartidas en equipos Windows) |
(→Utilizando o webmin) |
||
| Liña 16: | Liña 16: | ||
<table border="0"> | <table border="0"> | ||
<tr><td> | <tr><td> | ||
| - | <video type="youtube" id=" | + | <video type="youtube" id="QTaKTKyYnAk" desc="Montar unha carpeta por samba co webmin" width="500"/> |
</td></tr></table> | </td></tr></table> | ||
Revisión actual ás 01:21, 8 xuño 2009
Índice |
Instalación do cliente de samba
Para instalar o cliente de samba no noso sistema deberemos instalar os paquetes correspondentes segundo a nosa distribución:
- En Ubuntu: samba-common, smbclient e smbfs.
- En Mandriva: samba-common e samba-client.
Acceso a carpetas compartidas en equipos Windows
Existen varias formas de acceder a unha carpeta compartida nun equipo Windows utilizando o cliente de samba. A maioría delas consistirán en montar a carpeta compartida nunha carpeta local do noso equipo, de xeito que unha vez montada accederemos a esta carpeta como se estivese nun unidade de almacenamento local.
Utilizando o webmin
Podemos usar o webmin para montar unha carpeta compartida nun equipo Windows:
|
Montar unha carpeta por samba co webmin |
Mediante comandos
Podemos utilizar o comando mount para montar unha carpeta compartida por un equipo Windows indicando como sistema de ficheiros cifs:
mount -t cifs //EquipoWindows/CarpetaCompartida /PuntoDeMontaxe -o username=UsuarioWindows
Ou podemos usar o comando smbmount, que realiza a mesma función:
smbmount //EquipoWindows/CarpetaCompartida /PuntoDeMontaxe -o username=UsuarioWindows
As montaxes realizadas con estes dous comandos non perdurarán se reiniciamos o noso equipo.
Tamén podemos utilizar o comando smbclient para iniciar unha sesión interactiva na carpeta compartida do equipo Windows na que podemos subir e descargar ficheiros de xeito similar a un servidor FTP:
smbclient //EquipoWindows/CarpetaCompartida -U UsuarioWindows
Editando o ficheiro /etc/fstab
Se queremos definir un punto de montaxe permanente a unha carpeta compartida por un equipo Windows da rede podemos facelo engadindo unha liña ao ficheiro /etc/fstab, que define todas as montaxes que o sistema Linux fará automaticamente cada vez que arranque:
//EquipoWindows/CarpetaCompartida /PuntoDeMontaxe cifs password=ClaveUsuarioWindows,username=UsuarioWindows 0 0
