Comandos de rede en Windows

De Wiki do Pazo da Mercé

Índice

Comandos para testear a conectividade de rede

Estes comandos son moi útiles para comprobar a conexión entre dous equipos e detectar posibles erros de conectividade na rede.

ping

  • Descrición: Detecta se hai conexión con outro equipo enviando paquetes ICMP. Temos que ter en conta que para que funcione correctamente o equipo de destino deberá ter configurado o firewall de Windows para que acepte os paquetes ICMP.
  • Sintaxe:
ping [-t] [-a] [-n Count] [-l Size] [-f] [-i TTL] [-v TOS] [-r Count] [-s Count] [{-j HostList | -k HostList}] [-w Timeout]
[TargetName]
  • Opcións principais:
-t: Envía peticións de ping de xeito ininterrumpido ata que se pulse ctrl-C. Por defecto, ping fai 4 peticións e para
-n: Permite indicar o número de peticións de ping que queremos facer
-w: Permite indicar o tempo en milisegundos que se espera pola resposta dunha petición de ping, antes de provocar un “Timeout”. O valor por defecto é 4000 (4 segundos)

tracert

  • Descrición: Mostra a ruta que segue un paquete para chegar ao seu destino
  • Sintaxe:
tracert [-d] [-h MaximumHops] [-j HostList] [-w Timeout] [TargetName]
  • Opcións principais:
-h: Permite indicar o número máximo de saltos que queremos dar. Por defecto establece un máximo de 30 saltos

pathping

  • Descrición: Similar a tracert, mostra a ruta a outro equipo mediante pings
  • Sintaxe:
pathping [-n] [-h MaximumHops] [-g HostList] [-p Period] [-q NumQueries [-w Timeout] [-T] [-R] [TargetName]

Comandos para a configuración da rede

Estes comandos nos permiten visualizar e modificar a configuración IP das interfaces de rede do equipo.

ipconfig

  • Descrición: Mostra información dos interfaces de rede e a configuración IP do equipo, e permite refrescar a configuración de DHCP e de DNS
  • Sintaxe:
ipconfig [/all] [/renew [Adapter]] [/release [Adapter]] [/flushdns] [/displaydns] [/registerdns] [/showclassid Adapter] 
[/setclassid Adapter [ClassID]]
  • Opcións principais:
/all: Mostra a información completa de todos os interfaces de rede activos da máquina e información global do equipo.
Por defecto, só mostra a dirección IP, máscara e porta de enlace predeterminada para cada adaptador
/renew: Refresca as direccións IP obtidas por DHCP de todos os interfaces de rede configurados por DHCP ou do interfaz indicado, se está configurado por DHCP
/release: Libera e descarta as direccións IP obtidas por DHCP de todos os interfaces de rede configurados por DHCP ou do interfaz indicado, se está configurado por DHCP. Para facelo, envía ó servidor DHCP a mensaxe DHCPRELEASE
/flushdns: Vacía o contido da caché de DNS do equipo
/displaydns: Mostra o contido da caché DNS do equipo
/registerdns: Inicia manualmente o rexistro no servidor de DNS do nome e dirección ou direccións IP do equipo local
/showclassid, setclassid: Visualiza e establecen, respectivamente, a clase de dirección IP asignada por DHCP. As clases de direccións en DHCP permiten ó servidor asignar direccións IP ós equipos en función da clase á que pertenzan. Para facer referencia a un adaptador de rede utilizaremos o seu nome (por exemplo, “Conexión de área local”), pero tamén podemos utilizar comodíns para referenciar un ou máis interfaces (por exemplo, * ou Con*)
Crear un libro