O modelo OSI

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por 127.0.0.1 (Conversa) ás 07:07, 18 agosto 2008
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

En 1978, a International Standards Organization, ISO (Organización internacional de estándares) divulgou un conxunto de especificacións que describían a arquitectura de rede para a conexión de dispositivos diferentes. O documento orixinal aplicouse a sistemas que eran abertos entre si, debido a que todos eles podían utilizar os mesmos protocolos e estándares para intercambiar información.

En 1984, a ISO presentou unha revisión deste modelo e o chamou modelo de referencia de Interconexión de Sistemas Abertos (OSI) que se converteu nun estándar internacional e se utiliza como guía deseñar e estudar a estrutura para as redes.

O modelo OSI é a guía mellor coñecida e máis amplamente utilizada para a visualización de contornos de rede. Os fabricantes axústanse ó modelo OSI cando deseñan o seus produtos para rede. Este ofrece unha descrición do funcionamento conxunto de hardware e software de rede por niveis para posibilitar as comunicacións. O modelo tamén axuda a localizar problemas proporcionando un marco de referencia que describe o suposto funcionamento dos compoñentes.

O modelo OSI representa sete niveis de proceso mediante o cal os datos se empaquetan e se transmiten desde unha aplicación emisora a través de cables físicos cara a aplicación receptora.

Imaxe


Cada nivel cobre diferentes actividades, equipos ou protocolos de rede. O modelo OSI define como se comunica e traballa cada nivel cos niveis inmediatamente superior e inferior. Por exemplo, o nivel de sesión comunícase e traballa cos niveis de presentación e de transporte. Dúas razóns fundamentais son as que levan a dividir a arquitectura das redes en niveis:

  • As redes de ordenadores son sistemas complexos, que son máis fáciles de construír e manexar se se dividen e subsistemas máis simples.
  • As tecnoloxías das redes cambian con moita rapidez, de forma que é de vital importancia conseguir que os distintos subsistemas sexan independentes entre si.

Podemos comparar os niveis de rede de OSI co proceso que segue unha carta que enviamos por correo. Nós vemos o proceso do envío da carta como:


Imaxe


Sen embargo, a carta se transportará pos diversos medios, se lle engadirá información, etc.


Imaxe


Cada nivel proporciona algún servizo ou acción que prepara os datos para entregalos a través da rede a outro equipo. Os niveis inferiores (1 e 2) definen o medio físico da rede e as tarefas relacionadas, como a colocación dos bits de datos sobre as tarxetas de rede (NIC, Network Interface Cards) e o cable. Os niveis superiores definen a forma en que as aplicacións acceden ós servizos de comunicación. Canto máis alto é o nivel, máis complexa é a súa tarefa.

Os niveis están separados entre si por fronteiras chamadas interfaces. Todas as demandas pásanse desde un nivel, a través desta interface, ata o seguinte. Cada nivel baséase nos estándares e actividades do nivel inferior.

Ferramentas persoais
Crear un libro