Como descargar unha imaxe nun equipo do centro
De Wiki do Pazo da Mercé
Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 14:42, 14 outubro 2009
| CONFIGURACIÓN DA IMAXE DE WINDOWS | |
|---|---|
| TAREFA | OBSERVACIÓNS |
| Seguir o asistente do sysprep para configurar a instalación da imaxe. Introducir o nome que lle corresponda ao equipo | |
| Configurar a dirección IP do equipo | Neste curso estamos cambiando a configuración IP dos equipos para asignar as IPs dos equipos do centro por DHCP. Se o equipo xa tomaba a IP por DHCP xa debería tomar automaticamente a dirección IP que lle corresponda. Se non, haberá que facer a reserva (Ver Como reservar unha dirección IP para un equipo. Ollo que se se cambia un equipo por outro haberá que modificar a reserva, xa que a dirección MAC do equipo non será a mesma |
| Meter o equipo no dominio | Ver Como introducir un equipo no dominio |
| Habilitar a conta do usuario Administrador | |
| Estender o tamaño da unidade de disco D: a todo o espazo de disco dispoñible | |
| Activar Windows | Coller o número de serie dos almacenados en Software |
| Instalar drivers se é necesario | Sobre todo hai que instalalos nos equipos novos de ciclo, para que recoñeza ben a gráfica |
| Instalar software se é necesario | Sobre todo nas aulas de informática na ESO e na biblioteca, é posible que a imaxe que haxa dispoñible non teña todo o software necesario, se recentemente se instalou algún software a maiores. Consultar con Carlos ou Antonio |
| Instalar impresoras | Haberá que instalar a impresora local que poida ter conectada o equipo, compartila e modificar os permisos para que os usuarios do grupo profes poidan administrar os documentos da impresora (Se non, un usuario pode bloquear a cola de impresión e ter que ir un administrador para cancelar os documentos). Nas aulas de ciclo tamén haberá que implementar a impresora do profesor nos equipos dos alumnos (Ver Como implementar unha impresora) |
| Actualizar o inventario de equipos do centro | Se se substitúe un equipo por outro ou se coloca un novo equipo onde non había ningún, haberá que actualizar o inventario dos equipos do centro cos datos do novo equipo |
