Como descargar unha imaxe nun equipo do centro
De Wiki do Pazo da Mercé
Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 14:52, 14 outubro 2009
| CONFIGURACIÓN DA IMAXE DE WINDOWS | |
|---|---|
| TAREFA | OBSERVACIÓNS |
| Seguir o asistente do sysprep para configurar a instalación da imaxe. Introducir o nome que lle corresponda ao equipo. Cando nos pida crear unha conta para administración, introduciremos usuario admin e a mesma clave que o usuario Administrador | |
| Configurar a dirección IP do equipo | Neste curso estamos cambiando a configuración IP dos equipos para asignar as IPs dos equipos do centro por DHCP. Se o equipo xa tomaba a IP por DHCP xa debería tomar automaticamente a dirección IP que lle corresponda. Se non, haberá que facer a reserva (Ver Como reservar unha dirección IP para un equipo. Ollo que se se cambia un equipo por outro haberá que modificar a reserva, xa que a dirección MAC do equipo non será a mesma |
| Meter o equipo no dominio | Ver Como introducir un equipo no dominio |
| Habilitar a conta do usuario Administrador | (Xa que o sysprep a deshabilita por defecto) |
| Estender o tamaño da unidade de disco D: a todo o espazo de disco dispoñible | (Xa que na imaxe se configura unha unidade D: con un espazo mínimo que colla nun disco de menor tamaño) |
| Activar Windows | Coller o número de serie dos almacenados en Software |
| Instalar drivers se é necesario | Sobre todo hai que instalalos nos equipos novos de ciclo, para que recoñeza ben a gráfica |
| Instalar software se é necesario | Sobre todo nas aulas de informática na ESO e na biblioteca, é posible que a imaxe que haxa dispoñible non teña todo o software necesario, se recentemente se instalou algún software a maiores. Consultar con Carlos ou Antonio |
| Instalar impresoras | Haberá que instalar a impresora local que poida ter conectada o equipo, compartila e modificar os permisos para que os usuarios do grupo profes poidan administrar os documentos da impresora (Se non, un usuario pode bloquear a cola de impresión e ter que ir un administrador para cancelar os documentos). Nas aulas de ciclo tamén haberá que implementar a impresora do profesor nos equipos dos alumnos (Ver Como implementar unha impresora) |
| CONFIGURACIÓN DA IMAXE DE LINUX | |
| TAREFA | OBSERVACIÓNS |
| Configurar a dirección IP do equipo | Despois de configurala en Windows, en principio non habería que facer nada, xa que a debería coller por DHCP. Comprobalo |
| Configurar o nome do equipo | Editar como root o ficheiro /etc/hostname e substituír o nome que apareza polo nome que lle corresponda ao equipo |
| Configurar a dirección IP de meiga | Editar o ficheiro /etc/hosts e substituír a dirección IP asociada ao nome meiga en función da rede na que estea o equipo (10.0.0.1 se o equipo está na rede 10 e 69.56.121.140 se o equipo está na rede 69.56.121) |
| Instalar impresoras | Instalar as impresoras locais conectadas ao equipo coa ferramenta de Ubuntu. Instalar tamén impresoras de equipos que poidan estar próximos (por exemplo, na sala de profes ou na sala de administración) |
| OUTRAS TAREFAS | |
| TAREFA | OBSERVACIÓNS |
| Probar todo | Probar que se pode iniciar sesión en rede e acceder a Internet dende os dous sistemas operativos |
| Actualizar o inventario de equipos do centro | Se se substitúe un equipo por outro ou se coloca un novo equipo onde non había ningún, haberá que actualizar o inventario dos equipos do centro cos datos do novo equipo |
