Servizos e tarefas de mantemento do servidor do centro

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 21:14, 15 outubro 2009

Índice

Características do servidor

Actualmente temos un servidor que presta distintos servizos na rede do centro. As súas características básicas son:

  • Nome do equipo: meiga
  • Direccións IP: 10.0.0.1 e 69.56.121.140
  • Memoria RAM: 4GB
  • 2 discos duros SCSI de 300GB en RAID 1

Servizos configurados

Almacenamento de carpetas de usuarios e datos

  • Obxectivo e funcións: Centralizar as carpetas persoais dos usuarios e as de datos comúns (comun, temporal e software) no servidor para que poidan ser usadas dende calquera equipo da rede. Establecer permisos para que cada usuario poida acceder a determinada información en función do seu perfil.
  • Configuración:
    • As carpetas almacénanse nos directorios /home, /comun, /temporal e /soft do servidor.
    • Unha tarefa planificada de CRON borra o contido da carpeta temporal todos os fins de semana.


Almacenamento de imaxes de instalación para os equipos do centro

  • Obxectivo e funcións: Centralizar no servidor o almacenamento das imaxes de instalacións dos equipos, co obxectivo de facilitar a instalación masiva das aulas a partir dun único equipo e a recuperación dos equipos en caso de virus ou fallos no disco ou de configuración.
  • Configuración:
    • Utilízase o programa Clonezilla para a confección e restauración das imaxes.
    • As imaxes almacénanse no directorio /soft/imaxes/Clonezilla do servidor.
    • Unha tarefa de CRON actualiza cada día os permisos das imaxes feitas con clonezilla para que todos os membros do equipo de mantemento poidan acceder a elas, xa que por defecto Clonezilla establece os permisos de forma que só pode acceder á imaxe o usuario que a subiu ao servidor.


Xestión de cotas de disco

  • Obxectivos e funcións: Establecer un límite de espazo de disco por usuario para que non ocupe todo o espazo do servidor.
  • Configuración: Dende o webmin poden visualizarase o estado das cotas de disco, e modifircar a cota dun usuario concreto. Tamén se pode modificar a cota por defecto para os novos usuarios (actualmente, 250 MB).


Copias de seguridade

  • Obxectivos e funcións: Poder recuperar información de datos en caso de perda accidental por parte dos usuarios, fallo nos discos do servidor, roubo, catástrofe, etc.
  • Configuración:
    • Unha tarefa planificada de CRON realiza unha copia completa das carpetas persoais e común todos os fins de semana, e unha copia do modificado todos os días (luns, martes, mércores e xoves) nun disco usb externo.
    • Todos os venres debe cambiarse o disco de copias de seguridade polo que está gardado no búnquer da sala de usos múltiples.


Servidor LDAP

  • Obxectivos e funcións: Centralizar a xestión dos usuarios. Cada alumno e cada profesor do instituto dispón dunha conta persoal para o acceso a calquera equipo do centro, tanto dende Windows como dende Linux.
  • Configuración:
    • A xestión dos usuarios no LDAP pode facerse dende o webmin, co módulo de Usuarios e Grupos LDAP (Ver Como dar de alta un novo alumno ou profesor).
    • A ferramenta LDAP Browser instalada no servidor permite facer consultas e operacións avanzadas sonbre o LDAP (importación e exportación de datos, etc.)
    • Os clientes Linux autentifícanse directamente contra o LDAP, mentres que os clientes Windows autentifícanse contra o servidor de samba, que está enlazado con este servidor LDAP.


Servidor de samba

  • Obxectivos e funcións: Centralizar a xestión dos usuarios dos clientes Windows, e compartir as carpetas persoais e comúns do servidor para poder acceder a elas tanto dende os equipos Windows (móntanse automaticamente nun script de inicio almacenado na carpeta compartida netlogon) como dende os equipos Linux (montan as carpetas de rede usando o cliente de samba coa librería pam_mount).
  • Configuración:
    • A configuración do servidor de samba almacénase no ficheiro de configuración /etc/samba/smb.conf. Pode xestionarse dende o webmin.
    • O servidor de samba autentifica os usuarios contra o LDAP. Cando un usuario cambia a súa clave de samba dende un equipo Windows, tamén se cambia a súa clave no LDAP.
    • Ten configurado o antivirus para que se analice os ficheiros que se gardan nas carpetas compartidas por samba.
    • Carpetas compartidas polo servidor de samba:
      • comun (Directorio /comun): O grupo de alumnos só pode ler nesta carpeta, mentres o grupo profes pode ler e escribir. Almacena carpetas para os distintos departamentos e grupos de usuarios ás que só poden acceder os usuarios deses grupos.
      • temporal (Directorio /temporal): Todos os usuarios poden ler e esribir. Unha tarefa planificada CRON borra todo o contido desta carpeta todos os fins de semana.
      • software (Directorio /soft): O grupo de alumnos só pode ler nesta carpeta, mentres o grupo profes pode ler e escribir. Almacena software e máquinas virtuais.
      • netlogon (Directorio /netlogon): Esta carpeta almacena o script de inicio de sesión inicio.bat. Almacena tamén ficheiros de rexistro nos que e garda unha entrada cada vez que un usuario inicia sesión dende un equipo.
      • imaxes: Almacena as imaxes de instalacións dos equipos do centro.

Enrutamento e NAT

  • Obxectivos e funcións: Utilizar direccións IP privadas nos equipos de ciclo, e poder asignar así moitas direccións IP ás máquinas virtuais que se usan nas aulas. Controlar o acceso a Internet dende as aulas de ciclo.
  • Configuración:


Servidor DHCP

  • Obxectivos e funcións:
  • Configuración:


Servidor de DNS

  • Obxectivos e funcións:
  • Configuración:


Servidor NX

  • Obxectivos e funcións:
  • Configuración:

Servizo de monitorización de DELL

  • Obxectivos e funcións:
  • Configuración:
Ferramentas persoais
Crear un libro