Como descargar unha imaxe nun equipo do centro

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por 79.157.243.31 (Conversa) ás 23:14, 20 outubro 2009
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Na seguinte táboa recóllense os pasos a seguir para restaurar unha imaxe en calquera equipo do centro. Dependendo dos sistemas operativos instalados na imaxe restaurada, haberá que configurar Windows, Linux, ou os dous.


RESTAURACIÓN DA IMAXE CON CLONEZILLA
TAREFA OBSERVACIÓNS
Arrancar o equipo co CD de Clonezilla Se imos restaurar varios equipos, convén seleccionar no arranque a opción que carga o sistema na memoria RAM, porque así podemos quitar o CD mentres descarga a imaxe para usalo noutro equipo
Seleccionar as opcións de restauración Elixiremos restaurar disco dun servidor samba (a dirección IP do servidor samba será a de meiga, 10.0.0.1 dende as aulas de ciclo e 69.56.121.140 dende o resto do centro, incluíndo o departamento de informática)
Seleccionar a imaxe a restaurar Elixiremos a imaxe de WindowsVista+Ubuntu marcando 32bits ou 64bits dependendo do equipo. Só os equipos da aula Informática 1 e os portátiles IBM da biblioteca levan Windows XP debido as limitacións de hardware
CONFIGURACIÓN DA IMAXE DE WINDOWS
TAREFA OBSERVACIÓNS
Seguir o asistente do sysprep para configurar a instalación da imaxe. Introducir o nome que lle corresponda ao equipo. Cando nos pida crear unha conta para administración, introduciremos usuario admin e a mesma clave que o usuario Administrador
Configurar a dirección IP do equipo Neste curso estamos cambiando a configuración IP dos equipos para asignar as IPs dos equipos do centro por DHCP. Se o equipo xa tomaba a IP por DHCP xa debería tomar automaticamente a dirección IP que lle corresponda. Se non, haberá que facer a reserva (Ver Como reservar unha dirección IP para un equipo. Ollo que se se cambia un equipo por outro haberá que modificar a reserva, xa que a dirección MAC do equipo non será a mesma
Meter o equipo no dominio Ver Como introducir un equipo no dominio
Activar Windows Coller o número de serie dos almacenados en Software
Habilitar a conta do usuario Administrador (Xa que o sysprep a deshabilita por defecto)
Estender o tamaño da unidade de disco D: a todo o espazo de disco dispoñible (Xa que na imaxe se configura unha unidade D: con un espazo mínimo que colla nun disco de menor tamaño)
Instalar drivers se é necesario Sobre todo hai que instalalos nos equipos novos de ciclo, para que recoñeza ben a gráfica
Instalar software se é necesario Sobre todo nas aulas de informática na ESO e na biblioteca, é posible que a imaxe que haxa dispoñible non teña todo o software necesario, se recentemente se instalou algún software a maiores. Consultar con Carlos ou Antonio
Instalar impresoras Haberá que instalar a impresora local que poida ter conectada o equipo, compartila e modificar os permisos para que os usuarios do grupo profes poidan administrar os documentos da impresora (Se non, un usuario pode bloquear a cola de impresión e ter que ir un administrador para cancelar os documentos). Nas aulas de ciclo tamén haberá que implementar a impresora do profesor nos equipos dos alumnos (Ver Como implementar unha impresora)
CONFIGURACIÓN DA IMAXE DE LINUX
TAREFA OBSERVACIÓNS
Configurar a dirección IP do equipo Despois de configurala en Windows, en principio non habería que facer nada, xa que a debería coller por DHCP. Comprobalo
Configurar o nome do equipo Editar como root o ficheiro /etc/hostname e substituír o nome que apareza polo nome que lle corresponda ao equipo
Configurar a dirección IP de meiga Editar o ficheiro /etc/hosts e substituír a dirección IP asociada ao nome meiga en función da rede na que estea o equipo (10.0.0.1 se o equipo está na rede 10 e 69.56.121.140 se o equipo está na rede 69.56.121)
Instalar impresoras Instalar as impresoras locais conectadas ao equipo coa ferramenta de Ubuntu. Instalar tamén impresoras de equipos que poidan estar próximos (por exemplo, na sala de profes ou na sala de administración)
OUTRAS TAREFAS
TAREFA OBSERVACIÓNS
Probar todo Probar que se pode iniciar sesión en rede e acceder a Internet dende os dous sistemas operativos
Actualizar o inventario de equipos do centro Se se substitúe un equipo por outro ou se coloca un novo equipo onde non había ningún, haberá que actualizar o inventario dos equipos do centro cos datos do novo equipo
Crear un libro