Como visualizar e controlar os equipos do alumnado
De Wiki do Pazo da Mercé
Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 09:33, 2 decembro 2009
Visualizar e controlar os equipos con Windows
Pódese usar o programa UltraVNC para visualizar e poder tomar o control dos equipos dos alumnos de forma remota dende o equipo do profesor. No escritorio do equipo do profesor, coa icona UltraVNC Viewer podemos lanzar o programa para facelo.
A continuación vedes a pantalla de conexión que permite visualizar ou controlar o equipo dun alumno:
Os datos máis importantes que se poden establecer son:
- VNC Server: Indicaremos o nome do equipo que queremos controlar. Os equipos das aulas se chaman tallerxx (na aula de 1º) e inforxx (na aula de 2º), onde xx é o número de equipo. Os equipos están numerados a partir do 00 que é o equipo do profesor, comezando pola primeira fila e no equipo que estea pegado á ventá (Por exemplo, o equipo do alumno que se senta na primeira fila pegado á venta será 01).

