Que recursos informáticos podo utilizar no centro

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 23:26, 6 febreiro 2010

O noso centro conta con recursos informáticos repartidos en diversas aulas específicas de informática, aulas de clase e despachos outras dependencias. Este páxina recolle un breve resumo dos recursos que se poden utilizar no centro.

Índice

Aulas de informática

  • Aula de informática 1: Esta aula, situada no primeiro andar do edificio do Pazo, conta con 20 ordenadores para o alumnado e un equipo para o profesor, unha impresora láser monocromo e un canón proxector conectado ao equipo do profesor.
  • Aula de informática 2: Esta aula, situada no segundo andar do edificio do Pazo, conta con 20 ordenadores para o alumnado e un equipo para o profesor, unha impresora láser monocromo e un canón proxector conectado ao equipo do profesor.
  • Biblioteca: A biblioteca conta con 19 ordenadores portátiles almacenados no búnquer que se conectan automaticamente á rede do centro mediante unha rede sen fíos. Conta tamén con un equipo de sobremesa para o profesor, unha impresora láser monocromo e un canón proxector conectado ao equipo do profesor, que tamén se pode utilizar con conexión sen fíos con algún dos ordenadores portátiles.
  • Aula de 1º curso de ciclo de informática: Esta aula conta con 18 ordenadores para o alumnado e un equipo para o profesor, unha impresora láser monocromo e un canón proxector conectado ao equipo do profesor.
  • Aula de 2º curso de ciclo de informática: Esta aula conta con 10 ordenadores para o alumnado e un equipo para o profesor, unha impresora láser monocromo e un canón proxector conectado ao equipo do profesor.

Equipos informáticos en aulas e laboratorios

Ademais das aulas específicas de informática e a biblioteca, hai instalados equipos informáticos en outras aulas e laboratorios:

  • Aula de usos múltiples: Conta con un ordenador conectado a un canón proxector e a unha pizarra dixital.
  • Aula de pedagoxía terapéutica: Conta con catro ordenadores, unha impresora de chorro de tinta, un canón proxector e unha pizarra dixital.
  • Laboratorio de física: Conta con un ordenador e un canón proxector.
  • Laboratorio de ciencias: Conta con un ordenador e un canón proxector.
  • Aula de plástica: Conta con un ordenador e un canón proxector.
  • Aula de música: Conta con un ordenador e un canón proxector.
  • Taller de tecnoloxía: Conta con un ordenador e un canón proxector.
  • Aula de 2º de bacharelato: Conta con un ordenador e un canón proxector.

Equipos informáticos noutras dependencias do centro

Tamén hai instalados equipos informáticos nas seguintes dependencias:

  • Conserxería: Un ordenador e fotocopiadora conectada á rede do centro.
  • Administración: Un ordenador de uso libre e outro para fins administrativos, e impresora láser monocromo.
  • Secretaría/Vicedireción: Dous ordenadores, escáner e impresora láser monocromo.
  • Xefatura de estudos: Un ordenador, impresora láser monocromo e impresora de chorro de tinta.
  • Direción: Un ordenador e impresora láser monocromo.
  • Sala de profesores: Tres ordenadores, impresora multifunción láser a cor e dúas impresoras láser monocromo.
  • Departamento de inglés e francés: Un ordenador.
  • Departamento de matemáticas e ciencias: Un ordenador.
  • Departamento de xeografía e historia: Un ordenador conectado a un canón proxector.
  • Departamento de lingua galega: Un ordenador.
  • Departamento de lingua castelá: Un ordenador.
  • Departamento de informática: Tres ordenadores e impresoras multifunción láser a cor.

Impresoras

Crear un libro