O control de erros

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 22:49, 9 decembro 2008
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Nunha transmisión sempre se poden producir erros. A taxa de erros é a relación entre os bits recibidos erróneos e os bits transmitidos. Podemos distinguir dous tipos tipos de ruídos que provocan erros nunha transmisión:

  • Ruído impulsivo: É a probabilidade de que un bit sexa erróneo, independentemente de que o sexan os bits anteriores e posteriores.
  • Ruído por ráfagas: Na práctica, realmente o ruído prodúcese frecuentemente por ráfagas; de forma que o erro comeza nun determinado bit e prodúcense erros aleatorios ó longo de toda unha ráfaga (conxunto) de bits.

O nivel de enlace realiza o control de erros na transmisión, detectando e corrixindo os erros que se poden producir na canle de comunicacións e ofrecendo ao nivel de rede unha conexión entre equipos libre de erros.

Para realizar o control de erros, os protocolos de nivel de enlace utilizan códigos redundantes. Podemos definir un código un conxunto de símbolos, e a codificación como a correspondencia entre un código F (código fonte ou de entrada) e outro código S (código de saída), de forma que a cada elemento de F asígnaselle un grupo de símbolos de S (Palabra). Para que o código S sexa útil a correspondencia debe ser biunívoca, recíproca e inequívoca. Por exemplo:

Crear un libro