Configuración das interfaces de rede en Windows

De Wiki do Pazo da Mercé

En Windows, podemos xestionar os distintos interfaces (ou tarxetas) de rede do equipo dende o Panel de Control. Dentro desta aplicación atoparemos todas as tarxetas de rede do equipo recoñecidas polo sistema operativo (se algunha non aparece deberemos instalar o controlador ou driver da mesma):

Para configurar unha interfaz de rede teremos que cubrir unha serie de datos:

  • Dirección IP.
  • Máscara de rede.
  • Porta de enlace predeterminada: Indicaremos a dirección IP do router que nos conecta cos equipos que están fora da nosa rede local (por exemplo, en Internet).
  • Servidores de DNS: Deberemos introducir a dirección ou direccións IP dos servidores que permitirán que poidamos acceder aos equipos de Internet utilizando o seu nome (www.google.es, www.elpais.es, etc.) en lugar da súa dirección IP. O servidor de DNS secundario só se utilizará en caso de que o servidor primario non responda.
Configuración dunha interfaz de rede en Windows XP
Configuración dunha interfaz de rede en Windows Vista
Configuración dunha interfaz de rede en Windows Server

Unha vez configurada a interfaz de rede, poderemos comprobar a conexión do equipo utilizando un comando de testeo como ping.

Tamén é posible establecer varias direccións IP a unha mesma tarxeta de rede, e así o equipo será accesible dende a rede por calquera das direccións IP introducidas:

Vídeo: Configuración de varias IP en XP e Vista.

Crear un libro