Configurar as interfaces de rede en Linux
De Wiki do Pazo da Mercé
Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 23:06, 8 marzo 2009
Para configurar unha interface de rede nun sistema Linux debemos seguir os seguintes pasos:
- Instalar o controlador da tarxeta: O núcleo de Linux debe recoñecer tarxeta de rede física instalada no sistema. Os controladores de dispositivos en Linux se recoñecen con módulos software que se engaden no núcleo. Normalmente, Linux recoñecerá automaticamente a tarxeta de rede; senón, deberiamos configurala coa ferramenta de administración da distribución.
- Asignarlle á interface de rede unha dirección IP.
- Asignarlle á interface unha máscara de rede.
- Se queremos acceder a equipos que están fora da nosa rede local, teremos que establecer unha porta de enlace por defecto.
O máis sinxelo será configurar a interfaz de rede coa ferramenta que nos ofrece a propia distribución:
Vídeo de configuración de interfaz de rede en Ubuntu e en Mandriva
Tamén podemos instalar o servizo webmin que ofrece un interfaz web para administrar sistemas Unix e Linux:
Vídeo de instalación do webmin en Ubuntu e Mandriva
Vídeo de configuración da interfaz de rede con webmin
