Arranque e parada de servizos en Linux
De Wiki do Pazo da Mercé
Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 23:38, 20 abril 2009
Índice |
¿Que son os servizos?
Os servizos ou demos (do inglés, daemons) son programas que están continuamente en execución no equipo nun segundo plano e que non teñen como finalidade que o usuario os utilice directamente como calquera outro tipo de programa, senón que prestan un servizo a outros programas no equipo ou a outros equipos da rede.
Aínda que o usuario do equipo non ten que ser nin sequera consciente de que estes programas se están executando, son fundamentais para que o sistema funcione correctamente. Os servizos poden xestionar aspectos tan diversos como a cola de impresión, os interfaces de rede ou un servidor web que teñamos instalado no noso equipo.
