Características técnicas das transmisións
De Wiki do Pazo da Mercé
Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 05:53, 23 agosto 2008
Índice |
Redes punto a punto e multipunto
- Rede Multipunto (Broadcast): Unha soa canle de comunicación é compartida por todas as máquinas. Un paquete de datos mandado por algunha máquina é recibido por todas as outras.
- Rede Punto a punto (Point-to-Point): Temos moitas conexións entre pares individuais de máquinas. Os paquetes de unha máquina a outra poden atravesar máquinas intermedias, e entón precísase o ruteo (routing) para dirixilos.
Imagen:Redemultipunto.jpg
Rede multipunto |
Imagen:Redepuntoapunto.jpg
Rede punto a punto |
Tranmisións analóxicas e dixitais
- Sinal analóxico: aquel que pode tomar calquera valor dentro dun rango determinado. A potencia do sinal analóxico recibido debe estar comprendido entre uns valores máximo e mínimo. A calidade depende non só da potencia recibida, senón tamén do ruído que a acompaña. Cando un sinal chega a un repetidor/amplificador este amplifica o sinal, co cal tamén amplifica o ruído que con ela chega.
- Sinal discreto ou dixital: aquel que só toma un número finito de valores dentro dun rango determinado. A potencia do sinal discreto recibido debe estar comprendido entre uns valores máximo e mínimo. Cando un sinal chega a un repetidor este rexenera o sinal orixinal eliminando o ruído. Esta é a gran vantaxe das comunicacións dixitais, xa que son moito máis robustas ante o ruído que sempre aparece na transmisión.
Transmisión en serie e en paralelo
Neste caso distinguiremos dous tipos de secuenciamento dos bits transmitidos.
- Serie: Os bits dunha palabra envíanse consecutivamente un tras outro.
- Paralela: Os bits dunha palabra envíanse por diferentes circuítos/cables.
Imagen:Linaserie.jpg
Transmisión en serie |
Imagen:Linaparalela.jpg
Transmisión en paralelo |
Aínda que o rendemento da trasmisión en paralelo é maior que o da transmisión en serie, en grandes distancias o seu comportamento empeora polas interferencias que os distintos cables provocan entre sí.
Comunicación símplex, dúplex e semidúplex
Neste caso podemos distinguir entre tres tipos de comunicacións nas redes segundo o fluxo de información entre o emisor e o receptor. As restriccións no sentido da comunicación poden vir dadas tanto polos dispositivos emisores ou receptores como pola propia liña de comunicación.
- Comunicación símplex: Unha comunicación é símplex se están perfectamente definidas as funcións do emisor e receptor e a transmisión de datos sempre se efectúa exclusivamente nun sentido : de emisor a receptor.
Dicimos que neste tipo de comunicación hai unha única canle física e unha única canle lóxica unidirecional.
- Comunicación semidúplex ou half duplex: A comunicación pode ser bidireccional, é dicir, emisor e receptor poderán intercambiar os seus papeis; sen embargo, esta bidirecionalidade non pode ser simultánea. Cando o emisor transmite, o receptor necesariamente recibe; despois, o receptor pode exercer como emisor coa condición de que o antigo emisor pase a ser receptor.
Na comunicación semidúplex hai unha única canle física e unha canle lóxica bidirecional.
- Comunicación dúplex ou full duplex: Na comunicación dúplex a comunicación é bidireccional e ademáis simultánea. O emisor e o receptor non están perfectamente definidos: Ambos ETD actúan como emisor e receptor indistintamente.
Na comunicación dúplex hai unha canle física e dúas lóxicas.
