|
14. ÁNGULO
DE XIRO. |
|
Ángulo é a porción de plano limitada por dúas semirrectas con orixe nun mesmo punto.
As semirrectas chámanse lado inicial e final. Á orixe común denomínaselle vértice do ángulo. Un ángulo pode estar situado en calquera parte do plano pero, ás veces seranos útil trasladalo a un sistema cartesiano de coordenadas de modo que o vértice do ángulo caia sobre a orixe de coordenadas e o lado inicial sobre o eixo positivo de abscisas.
Un
ángulo de xiro consiste en considerar o xiro do eixo positivo de
abscisas. Os ángulos positivos mídense en sentido contrario ás agullas do reloxo e os negativos no mesmo sentido |
|
|
Actividade 28 - Representa sucesivamente os ángulos de 20, 30, 60, 120, 180, 200, 270, 300 e observa o cuadrante no que queda o lado final.
| Para obter a representación dun determinado ángulo, medido en graos, abonda con escribilo directamente na
celda correspondente aos graos e pulsar a tecla Intro. Tamén pulsando nas frechas da escena para aumento ou diminución. |
| O botón Inicio restaura os valores iniciais.
|
|
|
Actividade 29 - Representa sucesivamente os ángulos de -20, -30, -60, -120, -180, -200, -270, -300 e observa o cuadrante no que queda o lado final.
|