ies Pintor Colmeiro
Benvida! / U-lo centro? / Que pretendemos? [inicio]
A
s Ferreiras s/n 36540 Silleda (Galiza) 986 580 904 Fax: 986 581 069

Destacamos:


Cranios
privilexiados

Departamentos > Tecnoloxía > Cuestionario de MECANISMOS

1. Que é un mecanismo?
2. Existen catro tipos básicos de movementos, cales son?. Escribe a súa definición e pon un exemplo.
3. Fai en Word unha clasificación dos mecanismos e gárdao no ordenador co nome clasificaciomecanismos.doc (lembra que o .doc moitas veces non é necesario poñerllo xa que se pon automaticamente para indicar que é un ficheiro Word)

Mecanismos de transmisión lineal

4. Que é unha panca?. Debuxa un esquema dunha panca e escribe unha lei ou fórmula que explique o seu funcionamento. Indica sobre o esquema os elementos da fórmula
5. Que tipos de pancas hai?. Pon un exemplo de cada un e fai ao carón o esquema do tipo.
6. Por que os volantes dos camións son máis grandes que os dos coches?.
7. Que é unha polea?. Que forza se debe facer para que unha polea fixa estea en equilibrio. Fai un esquema e escribe a fórmula.
8. Que é unha polea móbil?. Fai un esquema e escribe a fórmula para que estea en equilibrio.
9. A que distancia do eixo dun bambán se terá que sentar un neno de 30 kg para que a barra estea en equilibrio, se enfronte ten unha nena de 20 kg situada a 2 m do punto de apoio?. E se a nena estivese a 4 m do punto de apoio?. Que conclusión se pode tirar?.
10. Se queremos levantar un saco de 50 Kg cunha polea fixa, que fórza debemos facer ao menos?. E cunha móbil?.
11. Constrúe co mecano que hai na aula un mecanismo de transmisión lineal.

Preguntas mecanismos de transmisión lineal

Mecanismos de transmisión circular.

12. Que é unha roda de fricción? Fai un bosquexo.
13. Que é unha engrenaxe?. Pon un exemplo de uso e debuxa un esquema. (Non debuxes os dentes da roda, fai so unha circunferencia e outra concéntrica máis fina.)
14. Se as dúas rodas dentadas non teñen o mesmo número de dentes xirarán á mesma velocidade?. Escribe a fórmula que relaciona as velocidades (relación de transmisión)
15. Cando se di que nunha engrenaxe hai unha roda tola?
16. Que é unha engrenaxe parafuso sen fin- roda dentada?. Para que se usa principalmente este mecanismo?. Debuxa un esquema.
17. Constrúe con mecano que hai na aula un mecanismo de transmisión circular e indica cal é a súa relación de transmisión.

Mecanismos de transformación do movemento circular en rectilíneo

18. Fai un esquema dos seguintes mecanismos:
a. Piñón – cremalleira
b. parafuso – porca
c. manivela - torno

Mecanismos de transformación movemento circular-lineal alternativo

19. Explica o funcionamento do mecanismo biela-manivela. Debuxa un esquema.
20. Explica o funcionamento dun cegoñal. Debuxa un esquema.
21. Explica o funcionamento dunha leva. Debuxa un esquema.
22. Constrúe co mecano que hai na aula un mecanismo de transformación do movemento, escolle o que ti queiras.


Enderezos | Mapa Web | Agradecementos | Contáctanos |10 de xaneiro do 2007| IES Pintor Colmeiro