Semana Cultural

A nosa Semana Cultural.

- Porque un centro educativo é máis que libros e exames, ...
- Porque a cultura é moito máis que aburridos museos, ...
- Porque estamos vivos, somos curiosos, temos inquedanzas, soñamos, queremos, aprendemos, ...

... por todo iso, durante unha semana deixamos un pouco de lado as tarefas máis urxentes, e adicamos algo máis de tempo a compartir, disfrutar, relacionarnos, amosar as nosas habilidades, descubrir novidades, ver doutro xeito os compañeir@s, ... en fin, a ser un pouco máis nós mesmos, sen a presión dos horarios e dos temarios.

Noraboa a tod@s por 5 anos de Semana Cultural: nais e pais, alumn@s, profes, conferenciantes, contacontos, músicos e danzantes escritores, fotógrafos, artistas e deportistas, tamén ó persoal de limpeza, ós electricistas, ...,  ...

Temos fotos na sección de Galerías de Fotos.

Obradoiros de hip-hop

Intensos estes novos obradoiros de hip-hop impartidos por Carlos Gende e mais García (de Dios Ke Te Crew).

Con participación de nivel e peza dedicada aos e ás siareiras destes trobadores do XXI!

 


Charla de AMBAR sobre os dereitos das persoas con discapacidade

AMBAR

Cunha presentación áxil e clara, varios membros da Asociación AMBAR lembráronnos cales son os dereitos fundamentais das persoas que sofren discapacidade, ilustrados con diferentes creacións audiovisuais e contrastados coa difícil realidade do seu día a día.

Unha magnífica oportunidade para a reflexión sensibilizadora que o alumnado soubo aproveitar.

Adianto na Semana Cultural da homenaxe a Anxo Rei Ballesteros

Grazas ao traballo do alumnado de Bacharelato, á participación do profesorado e mais á colaboración da familia de Anxo Rei Ballesteros, puidemos presentar nesta Semana un adianto da homenaxe que lle estamos a preparar a este enorme escritor.

 

presentación do proxecto Rei Ballesteros

 


Charla de Paulo Jablonski

Imaxes da charla impartida por Paulo Jablonski sobre os estereotipos a respecto dos galegos.


Powered by Drupal - Modified by Danger4k