ffffff CFDC89 E3EBBC 000000 401516 Os camiños das linguas Luciano Fernández Martínez 0 1 1 0 0 Bo traballo! Hai que melloralo! 2 caminholing.jpg Ou como facer unha rota do plurilingüismo. Índice
. O que pretendemos (p. 2) . O que faremos (p. 3) . Proceso . Actividade previa (p. 4) . Actividade inicial (p. 5) 1. O percorrido máis diverso (pp. 6-8) 2. As linguas hoxe (pp. 9-11) 3. A forza do tempo (pp. 12-15) 4. Máis linguas, máis comunicación (pp. 16-20) . Melloramos a competencia inicial (p. 21) . Máis aínda (p. 22) . Avaliación (pp. 23-32)
]]>
401516 1
2 O que pretendemos. (imaxe adaptada de http://www.terralingua.org) www.terralingua.jpg Intentaremos entender as causas da existencia de múltiples linguas e das diferentes situacións nas que se atoparon e atopan aquelas do noso contorno ás que se lles impediu desenvolverse con normalidade e teñen reducidos os seus usos públicos, de xeito que se poidan comprender as valoracións que fan os falantes e os esforzos normalizadores. Partimos dos contidos traballados con anterioridade na caza do tesouro Linguas e mais linguas, empregando de novo algúns dos recursos alí referenciados.]]> 401516 1 2 O que faremos pasos.jpg O Centro quere incluír no blogue unha serie de artigos que sirvan de guía de viaxeiros (que non de turistas) para formar no coñecemento doutras realidades. Nós realizaremos unha rota de Galiza a Bruxelas indicando como se atopan hoxe as linguas minorizadas(1) dos diferentes territorios visitados (a súa situación social) e recollendo algúns dos feitos históricos que influíron nesa situación actual. Así, teremos que: - Manexar información sobre a diversidade lingüística de Europa (no contexto mundial) para coñecela e decidir cal é o percorrido máis rico. - Investigar sobre a actualidade das linguas presentes no traxecto que non teñan un uso social pleno para confeccionar a súa ficha de presentación. E seleccionar un medio de comunicación en cada unha desas linguas para recomendalo e incorporar a súa portada á guía. - Investigar tamén sobre o seu pasado para facer unha reseña histórica. - Facerlle unhas recomendacións a quen realice a viaxe para que poida facer un uso adecuado deses coñecementos no contacto cos falantes de cada unha das linguas.
(1) Propias dun territorio mais sen usos sociais plenos, pois non se empregan de xeito normal en todos os espazos da sociedade.]]>
FCFBF8 501B1C 1
2 Actividade previa langues_de_France_phixr.jpg Seriades quen de facer un comentario no voso blogue, en relación coa preparación dunha viaxe para percorrer toda Francia, sobre as linguas dese Estado? Sen realizar procura ningunha na rede, intentade anotar algo sobre:
a) que linguas existen, ademais do francés;
b) onde se falan;
c) que porcentaxe da poboación do territorio de cada unha delas a fala habitualmente e se se usan no día a día, nas institucións, no mundo da cultura, nos medios...;
d) por que chegaron a estar agora minorizadas.


Podedes ler un exemplo sinxelo de entrada sobre a preparación dunha viaxe a Finlandia no blogue Estrela negra.

Realizade un borrador na folla da marxe e enviádeo.]]>
401516 1
5 Actividade inicial Mapa Europa2.jpg europe-langues-ue4.jpg F0F0F0 7 100 15 1. O percorrido máis diverso. F3FEBA 401516 Lede con atención:
a) as partes desta páxina tituladas O galego en Europa, Escenario da lingua galega e Principais linguas faladas en Europa;
b) e esta noticia.

Logo recollede a información fundamental referida a estas cuestións, o que precisaredes para resolver as actividades posteriores:
1.- o significado de (lingua) oficial, políglota, vitalidade, status e xerárquico (empregade este dicionario);
2.- o que caracteriza a Unión Europea en relación coas linguas; 3.- os tres tipos de linguas en canto ao recoñecemento social e político, exemplificando coas presentes nos Estados francés e español;
4.- e as linguas con menos falantes có galego que corresponden con Estados europeos (por exemplo, o esloveno) e que, daquela, si son oficiais na Unión Europea.

Gardade estes apuntamentos vosos e enviádeos.

Logo pasade á tarefa 2.

]]>
minorizadas, incluída a galega.
Pasade a páxina, logo.
NOTA: non imos atender a variedade franco-provenzal (en Francia) nin a valona (en Bélxica).]]>
1
20 Situade as linguas indicadas no seu territorio. Aplicade os vosos coñecementos de xeografía. mapamudo2.jpg 3 Occitano Corso Bretón Basco / euskera Catalán Aragonés 18 Para trazar con precisión, completade: Situade os fragmentos no lugar adecuado. 3 linguas oficiais linguas cooficiais linguas non oficiais linguas pequenas 15 2. As linguas hoxe F3FEBA 401516 Número de falantes e Status legal, para cada unha das linguas do percorrido, desta páxina e mais estas notas para poder facer unha ficha por lingua que recolla:
1. Nome (ou nomes) da lingua: 2. Clasificación por número de falantes dentro desta escala: a) menos de 50.000 b) de 50.000 a 500.000 c) de 500.000 a 2.000.000 d) de 2.000.000 a 5.000.000 e) de 5.000.000 a 10.000.000 3. Clasificación social e política de cada unha delas dentro dun destes grupos das chamadas pequenas linguas, explicando nun parágrafo de 5-10 liñas por que razón as situades nun grupo e non noutro: A. En boas condicións: son linguas oficiais no Estado e, daquela, non minorizadas; é o caso do esloveno. B. Con suficiente grao de protección: linguas con recoñecemento, normalmente de cooficialidade, na súa comunidade, cun goberno autónomo que as impulsa e que manteñen ou recuperan falantes; por exemplo, o francés no Quebec (Canadá). C. Cun grao de protección limitado: linguas que posúen recoñecemento legal, mais ou ben perden falantes ou ben son faladas por unha comunidade pequena (menos de un millón); o frisón nos Países Baixos, por exemplo. D. En perigo: linguas con escaso ou nulo recoñecemento por parte do Estado; como lle acontece ao sardo en Italia. E. En vías de extinción: linguas sen estatuto de oficialidade que contan con poucos (e normalmente decrecentes) falantes; é o caso do gaélico escocés. Para isto axudádevos tamén destas gráficas.

Recollédeo na folla, enviádeo e logo pasade á tarefa 2.

]]>
European minority languages
Mercator
Linguanet

Ao rematardes, pasade á tarefa 3.

]]>
1
6 Revisamos os contidos. Caracterizade as linguas: Colocade as etiquetas no lugar axeitado. occitano.jpg idioEuskera.jpg Lingua cooficial Fálana máis de 1 millón Uso cultural amplo hoxe Escasas leis protectoras Tamén en Cataluña Occitano (Francia) Éuscaro (España) 19 Revisamos os contidos. Descubride a palabra. Que ten relación co comentario e a imaxe? aranes.jpg aranes 15 3. A forza do tempo F3FEBA 401516 nación deixarán a súa pegada no latín (palabras como carballo, bico, berce, etc., no caso galego) e influirán na forma de falalo de cada sitio, o que dará lugar a linguas distintas ao redor do século IX. Tras a expansión cara ao sur das linguas dos territorios menos colonizados polos árabes acompañando a chamada "Reconquista", o reino de Castela comezará a impoñer cos Reis Católicos a unidade centralista, perdendo os outros reinos poder de decisión, tamén sobre as cuestións lingüísticas (especialmente o Reino de Galiza; pola contra, Cataluña mantívose soberana ata o século XVIII). Nun momentos con máis radicalidade (nos períodos dos réximes máis ditatoriais), noutros con menos, o castelán, lingua do poder, foise introducindo en cada vez máis ámbitos, aínda que en Galiza sempre foi falado por unha minoría. En practicamente toda Europa, os reinos dominantes foron creando nos últimos séculos estados que incluían outros reinos, moitos con cultura e lingua propias, nos que se impuxo -na administración, no ensino...- a lingua do goberno centralista. De xeito que o normal é que os estados sexan multilingües. Tendo en conta estas notas e botando man dos vosos coñecementos de historia (se o precisades, acudide aquí), decidide cales son os factores que máis inflúen nos cambios que ides percibir ao avanzar na liña do tempo a través destes mapas. Os factores principais da expansión e redución de linguas, entre os que facer a escolla razoada, son os seguintes: i) As conquistas militares e ocupacións: unha lingua espállase acompañando exércitos e colonos e reduce ou causa a desaparición doutra(s). É o caso do español en América. ii) A economía: o control do comercio e a riqueza dunha comunidade de falantes outórganlles prestixio e contribúen a difundir esa lingua. iii) A política: a falta de autogoberno das comunidades lingüísticas ou as decisión dos gobernos de non recoñecer a diversidade lingüística e os dereitos dos cidadáns neste aspecto asegura o dominio da lingua do poder. iv) A cultura: a difusión masiva de producións audiovisuais, musicais, literarias, etc. na lingua dominante refórzaa. Visto desde outra perspectiva, unha lingua minorizada que sexa falada hoxe por unha comunidade rica, con autogoberno e dinamismo cultural é case seguro que vai recuperar a súa saúde social.

Recollédeo na folla, enviádeo e logo pasade á tarefa 2.

]]>
Comentarios, dentro das entradas das linguas escollidas, desta páxina xa visitada. Para o éuscaro, aragonés e occitano procurade máis información nestes sitios: a Galipedia, unha vez máis, e o Euskaletxea Brasil. Logo recollede de xeito moi esquemático os datos históricos correspondentes a cada lingua e comparádeos entre si para chegar a establecer relacións entre elas, é dicir, para atopar feitos comúns a dúas ou máis linguas. Por exemplo:

GALEGO OCCITANO - Esplendor cultural nos séculos XIII-XIV ]]>
1
1 Revisamos contidos. Escolle a resposta correcta. orgaz_conde_privilegio.jpg Para a desaparición ou morte do mozárabe en todo o territorio hispano-árabe, que foi o máis determinante? A conquista militar e a ocupación por parte dos casteláns. A importancia da literatura castelá. A riqueza dos campesiños de Castela. 1 Revisamos contidos. Escolle a resposta correcta. galego_ensino.jpg Para a conversión do galego, tras sete séculos de normalidade, en lingua minorizada, que foi o máis determinante? As decisións políticas do Reino de Castela, do que vai depender Galiza. A conquista militar e ocupación de Galiza polos casteláns. As relacións comerciais entre Galiza e Castela. 1 Revisamos contidos. Escolle a resposta correcta. xuiz.jpg A imposición do castelán non comeza ao mesmo tempo nos diferentes territorios con lingua propia. Que lingua é a primeira en sufrir a presenza dominante do castelán e cal a última? O asturiano no s. XIII e o catalán no XVI O galego no XIV e o catalán no XVIII O galego no XIII e o éuscaro no XVIII 15 4. Máis linguas, máis comunicación. F3FEBA 401516 esta noticia, a presentación desta entidade galega e mais esta serie de novas. A partir desta información, explicade: a) que se entende por normalización lingüística; b) que significa diversidade lingüística; c) que iniciativas se poden levar a cabo para potenciar a normalización e garantir a diversidade. En segundo lugar, vede este vídeo da Casa das linguas e contestade: 1. A linguaxe culinaria, inzada de préstamos doutras linguas (cuscús, marrón glacé, caipirinha...), de que serve de exemplo no vídeo? 2. Que deberían facer as autoridades en relación coa diversidade lingüística? E a cidadanía?

Recollédeo todo na folla, enviádeo e logo pasade á tarefa 2.

]]>
1
2 Os camiños que abre o galego... Para ampliar, premede no triángulo da dereita . Papas_da_Lingua___Eu_sei_(animação).flv apreciar aquí. Asistide esta peza ilustrada cantada na variante brasileira e tomade máis consciencia das facilidades para a intercomunicación. A continuación, seguide con atención estes vídeos nas linguas minorizadas traballadas (premede nos círculos do mapa), a partir dos que se realizarán as actividades que veñen a continuación.]]> 401516 1 2 ... e os camiños doutras linguas ao galego. Para ampliar, premede no triángulo da dereita . Na_Galiza_em_Galego.flv 401516 10 Atopades o camiño ao significado? Máis competencias lingüísticas desde o galego. Que significará azkarra en "Internet konexio azkarra"? Que será nuei (aragonés) en "Se fazió de nuei" ou "Una nuei luenga"? No conto en occitano "pitsu" repítese varias veces. Que significará? O catalán da enquisa é o que se fala na casa e "al carrer". Que é carrer? 13 Razóns do último vídeo. Optan polo galego... Xunta os elementos que correspondan E sentirse galegos. E conservar a cultura. Non é razón. Non aparece. 29 Melloramos a competencia inicial Redactade, revisade e enviade. F4F2EA 401516 1 15 Máis aínda F3FEBA 401516 Portalingua: ampla información sobre as linguas do mundo. 2. Jennifer's language page: expresións comúns en múltipes idiomas. 3. Reseña (en francés) sobre o libro de viaxes Le tour d'Europe des langues minoritaires, de Helena Drysdale. 4. Historia sintética da lingua galega. 5. galego.org: as claves da lingua galega. ]]> Linguas de Francia en cancións presentadas (en francés) a través dun percorrido en tren. Magnífico sitio, aínda que tarda en descargar. .....Mapa interactivo (en inglés). ]]> Vídeo do Correlingua 2007. Atendede a letra da canción!]]> 1 2 Avaliación mapallengues.jpg 401516 1 Avaliación aval.jpg Lemos con atención os textos e soubemos resolver problemas de interpretación acudindo a ferramentas como o dicionario? Sempre Case sempre Ás veces si, ás veces non Practicamente nunca 1 Avaliación aval.jpg Atendemos o material audiovisual, preocupándonos por comprender? Sempre Case sempre Ás veces si, ás veces non Practicamente nunca 1 Avaliación aval.jpg Extraemos a información relevante das fontes consultadas para poder resolver as actividades? Si, axeitadamente Si, aínda que non sempre de xeito adecuado Non fomos quen bastantes veces Case nunca 1 Avaliación aval.jpg Resumimos ou esquematizamos a información axeitadamente cando foi necesario? Si, axeitadamente Si, aínda que non sempre de xeito adecuado Non fomos quen bastantes veces Case nunca 1 Avaliación aval.jpg Procuramos explicar e xustificar as nosas decisións á hora de clasificar ou escoller entre opcións? Si, axeitadamente Si, aínda que non sempre de xeito adecuado Non fomos quen bastantes veces Case nunca 1 Avaliación aval.jpg Interesámonos por coñecer as distintas realidades lingüísticas e sabemos presentalas? Si, axeitadamente Si, aínda que non sempre Nuns casos si, noutros non Máis ben non 1 Avaliación aval.jpg Soubemos contrastar situacións ao manexar textos expositivos e mapas? Si, axeitadamente Si, aínda que non sempre de xeito adecuado Non fomos quen bastantes veces Case nunca 1 Avaliación aval.jpg Redactamos de acordo coas instrucións e coas reflexións e actividades previas? Si, axeitadamente Si, aínda que non sempre de xeito adecuado Non fomos quen bastantes veces Case nunca 1 Avaliación aval.jpg Revisamos os nosos textos para nos axustar ao solicitado e procurar que estivesen ben escritos? Si, axeitadamente Si, aínda que non sempre de xeito adecuado Nuns casos si, noutros non Case nunca