Estas foron as suxestións literarias do curso 2006/2007

 
(Para ver as suxestións musicais do curso 2006/2007, fai click na icone)

A revolta dos animais

Editorial:Positivas

Autor: George Orwell

 

Neste libro fálannos duns animais de granxa que están fartos de vivir como escravos e deciden rebelarse e loitar pola súa liberdade, mais non é fácil porque o seu xefe é o home.

Ao longo da lectura, iremos descubrindo unha serie de valores que todos temos que valorar: a amizade, a lealdade, a traizón, a manipulación, o engano... Todo isto, unido á ansia de liberdade e ao desexo dos protagonistas de seren donos das súas propias vidas, fai que a novela sexa complexa e fácil de ler ao mesmo tempo. E as peculiaridades dos seus protagonistas fan que tamén sexa moi divertida.

 

Recoméndollelo a todos, aos máis novos porque é moi fácil de ler e porque os sorprenderá o seu final; aos maiores porque pode ser un reto, pois leva varias mensaxes que debes saber atopar. Atréveste?

 

Suxerido por:  Irene Sánchez Oliveira (1º Bach. B)


Las aventuras de Huckleberry Finn

Editorial:Edebé

Autor: Mark Twain

 

Recomendo este libro porque é moi interesante, ten un pouco de intriga, fala da amizade e da igualdade. Ademais, está considerada unha das obras máis importantes da literatura en lingua inglesa, concretamente da norteamericana.

 

Recoméndollo á xente á que lle gustan as aventuras, e que teñan entre 12 e 15 anos.

 

Suxerido por:  Patricia M. G. (2º E.S.O. E)


Irmán do vento

Editorial: Xerais

Autor: Manuel Lourenzo González

 

Recomendo este libro porque é moi interesante, e cado empezas a lelo non queres parar porque che interesa moito, polos problemas actuais que trata.

O que eu valoro deste libro e que quixera destacar é que conta a vida dun rapaz sen moitos recursos que, cando chega a guerra ao seu país, conta como vive el, que en realidade é como viven ou viviron moitos rapaces no mundo. O protagonista vive nunha aldea de Iraq, e de maior quería ser escritor, mais o seu destino cambiou de repente coa chegada da guerra.

Recoméndollelo a todas aquelas persoas apaixonadas pola lectura acerca da realidade contemporánea, sobre o que pasa hoxe en día noutros países.

 

Suxerido por:  Miriam González Romero (1º Bach. A)


Palabra no tempo

Editorial:  Celta
Autor: María Mariño

 

"Palabra no Tempo" é, en primeiro lugar, un libro escuro. Esta escuridade non é rebuscada. É unha escuridade que parte, que está enraizada, no mundo rico, complexo e profundo da autora. Por iso o libro non se entrega nunha primeira lectura. Cómpre lelo atentamente. E logo relelo redobrando a atención. E despois asombrarse ao contemplarmos e comprobarmos o esforzo da poetisa para dar conta, con expresión cabal e xusta, do estraño mundo íntimo que aflora nestes versos ou do mundo externo que a autora intimiza e valla a expresión. Algunhas palabras como "lonxear" e "xordo" son expresións chave, detrás das que hai un estraño misterio, máis adiviñado para nós do que comprendido. (...)

Manuel María

Recoméndamoslles a poesía de María Mariño a todas aquelas persoas que queiran saber máis sobre si mesmos/as, e sobre os demais.

 

Suxerido polo Equipo de Normalización Lingüística

 

El cazador urbano

Editorial:  Bruño
Autor :José Luís Olaizola
 

Recomendaría este libro porque é un libro disparatado que narra as aventuras dos Lebrijano, unha familia moi peculiar. Esta familia vai do campo a Madrid, e ten moitos problemas económicos porque o pai de Silverín, o noso protagonista, se encontra no paro.

Ao principio, a Silverín gustáballe que o levasen ao parque do Retiro, pero como tiña fame, o seu pai acabará por cazar as pombas do parque para alimentar a súa familia.

Recomendaría este libro a calquera persoa, xa que todo o mundo pode lelo. É un libro moi entretido e ademais disparatado por todo o que lle ocorre á familia Lebrijano.

 

Suxerido por:  Darío López García (2º E.S.O. E)


Os dous de sempre

Editorial:  Galaxia
Autor: Alfonso Daniel R. Castelao

Recomendaría este libro porque interpreta a forma de vivir de dúas maneiras distintas.
A primeira é a de Pedriño, que "pasa de todo" e intenta vivir ben sen traballar e sen esforzo.
A segunda é a de Rañolas, que traballa moito e ten unha vida alegre pero sen ningunha riqueza.

Esta é unha historia de amizade, que representa maneiras opostas de afrontar a vida.
Está escrita cun talento humorístico, e os dous protagonistas achéganlle simpatía á historia.

Recomendaría este libro a todas as persoas de 11 a 90 anos, porque aínda que sería interpretado de maneira diferente segundo a idade en que sexa lido, faría disfrutar a todos, mozos/as e vellos/as.

 

Suxerido por:  Óscar Bermo Vázquez (4º E.S.O. C)


Riding the bullet (Montado en la bala)

Editorial:  Debolsillo
Autor : Stephen King

Recomendo este libro porque é moi interesante, de intriga e terror. Gustoume moito porque trata dun rapaz universitario que recibe a noticia de que a súa nai está no hospital por causa dun derrame.

Tivo que deixar de estudar algunhas materias e colleu o camiño máis rápido para chegar até a súa nai. O primeiro tramo do camiño realízao cun axente de seguridade, mais o percorrido vaille deparando encontros con xente cada vez máis extraña. Unha das persoas que o para pregúntalle se montou na atracción que había nunha feira chamada "A Bala". Desde aí, comeza a atoparse con feitos cada vez máis extraños.

 

Recoméndollo ás persoas a quen lles gusten os libros de terror e intriga.

 

Suxerido por:  Claudia López González (1º Bac. A)


Ojo de nube

Editorial:  SM
Autor :Ricardo Gómez

Este libro, gañador do premio Barco de Vapor, é moi interesante porque fala de como vivían os indios e de como respectaban a natureza. "Ojo de nube" é o protagonista deste conto, un neno cego que todos pensaban que nada podía facer e que finalmente salvou a súa tribo dos "malacosa".

O capítulo que máis me gustou foi "Cuéntame lo que ves", porque foi cando Ojo de nube se acercou aos cabalos e se comunicou con eles.

Recoméndolle este libro aos que lles guste a aventura.

 

Suxerido por:  Patricia Lestón Pérez (2º E.S.O. C)


Demian

Editorial:  Alianza Editorial
Autor: Hermann Hesse

Emil Sinclair busca a súa personalidade e o seu destino, e é esta busca  a que o obriga a deixar o mundo claro e seguro que supón a infancia, mergullándose de cheo no ameazador mundo dos adultos.

 

Calquera persoa pode disfrutar e comprender este libro, todos podemos extraer a esencia do libro.

 

Suxerido por:  Tamara Fariña Saninsidro (2º Bach. A)


Os ollos do tangaleirón

Editorial:  SM

Autor: Xosé Antón Neira Cruz

Foi un libro moi sinxelo e entretido que lin o curso pasado.
Está escrito nunha linguaxe pouco complexa, mais a historia engánchate desde o principio.

Faite rir e  sentir a intriga que sofre o personaxe, como se este foses ti.

É o único libro de galego que realmente lin con gusto. Animádevos!

Gústanche as novelas de aventuras en que a intriga está durante toda a obra?
Se a resposta é si, este é o teu libro.
 Non importa a idade que teñas!

 

Suxerido por:  Martín Rodríguez Girón (3º E.S.O D)

 

O retrato de Dorian Gray

 

Editorial:  Edebé
Autor: Oscar Wilde

Esta obra, sen dúbida magnífica, reflicte a ambición por ser perfectos e sopesa os valores sociais, delatando o verdadeiramente importante na sociedade.
 Un mozo guapo e intelixente, mais inxenuuo, ve manipulados os seus valores pola sociedade, vendendo a súa alma a cambio de xuventude eterna.
Verdadeiramente, o máis importante é unha cara bonita, sen se ter en conta o que sucede tras desa fachada.

Gustoume a obra porque consegue un perfecto balanzo entre os sentimentos da culpa e o remordemento, e a ansia por acadar novas e máis fortes sensacións.
A vulnerabilidade e a fortaleza baixo a mesma máscara, xa que é a imaxe polo que somos xulgados no noso entorno.
 

Considero que este libro se debería ler a partir de 1º de Bacharelato, xa que temos unha maior formación intelectual sen a cal non poderíamos comprender o relato en toda a súa amplitude, nin ser capaces de asimilar os temas discutidos polos personaxes da obra.

 

Suxerido por:  María Abalo de Dios  (2º B Bach.)

 

 

Las crónicas de Narnia. El Sobrino del mago

 

Editorial:  Planeta
Autor: C.S. Lewis

Gustoume moito polo simple feito de que resulta moi entretido e interesante.

É deses libros que fan que só queiras ler máis e máis.

Dous dos personaxes son moi valentes, xa que se atreven a visitar outros mundos sen ter en conta os perigos que poidan correr. Outros dos personaxes xa son máis malignos.
Na miña opinión é un libro moi bo.
 Resultoume moi interesante e atrevido.

Recoméndollo a todo o mundo.

 

Suxerido por:  Laura Boo  (2º A E.S.O.)

 

 

Herba moura

Editorial:  Xerais
Autora: Teresa Moure

 

Herba moura é unha historia moi fermosa de ler, porque ás veces parece poesía.
 Fala de mulleres fortes, intelixentes e orgullosas de seren mulleres, pero a maioría das veces na sombra, olvidadas pola historia.
 Pero sobre todo fala de amor, de todo tipo de amor, da dor e da alegría de amar.

Recoméndollelo ás alumnas de 4º da E.S.O. e do Bacharelato, e tamén aos alumnos.

 

Suxerido por:  Marta (Persoal non docente)