Déixate acompañar dun libro. |
 |
|
Discográfica: Locomotive
|
|
|
 |
Desde o
principio até o fin, este CD fala de moitos problemas que ocorren no
mundo en que vivimos, e por iso gustaríame que todas as persoas os
escoitasen, polo menos unha canción.
A súa
música mestura temas punk e rockeiros, e ás veces, algunha canción ten
restos de música ska, o que fai que pase de ser unha música agresiva a
unha música divertida, sen deixar de lado os temas de protesta que
tratan.
|
 |
| |
| Recoméndolles este
disco a todas as persoas ás que lles gusta a música rock-punk e a
todos/as os que escoitan música de protesta. Paréceme que esta música
é para todos, sen importar a idade. |
| |
Suxerido
por Daniel López
González
(1º Bach. B) |
|
|
Discográfica:
Dro West
|
|
|
 |
Recomendo
este CD especialmente pola súa longa duración (un solo escóitase en
29:26 minutos), en todo ese tempo a música é moi variada, dependendo
do significado da canción.
Cando o
cantante se mostra rebelde, a música é estrondosa e os instrumentos
soan con forza, pero cando o cantante baixa o ton, a súa voz é doce e
agradable, e a música melódica.
Canto á
letra, é moi simple; o vocabulario baséase na lingua coloquial, a que
falamos entre nós, por isto aínda me gusta máis. |
 |
| |
| Este CD
recoméndollelo especialmente aos meus amigos, a pesar de que tamén me
gustaría que a escoitasen na miña casa e entedesen a canción. |
| |
Suxerido
por Ramón Muñíz Torrado
(4º E.S.O. C) |
|
|
Discográfica:
DRO
|
|
|
 |
Fito y los fitipaldis é
un grupo de música pop. As súas letras tratan temas da vida real
(amores, sentimentos, equivocacións...), é dicir, toda unha grande
variedade na cal poderías identificar como te sentes nun momento da
vida.
Ademais de polas letras, a min
gústame tamén polos seus ritmos, moi movidos e alegres, e por como
toca a guitarra Fito, que é tan bó que cando o escoitas che entran
gañas de aprender a tocar a guitarra.
En conclusión, na súa
discografía poderíase ver un mundo de ilusións e de problemas da
vida, que se ven amañados cunhas boas letras e un par de notas.
|
 |
| |
| Recomendaríalle que escoitase este
disco a todo aquel a quen lle guste a boa música, que saiba
escoitala, e teña aprezo polas boas letras. |
| |
Suxerido
por: Diego Porto Fernández (1º Bach B) | |
| |
|
| |
Discográfica:
Virgin Records
|
|
|
 |
Editado no ano 2000, o disco Danza das Areas foi un
punto de inflexión na traxectoria desta intérprete galega, froito da
necesidade de composicións propias nas que procura sons máis
contemporáneos. Rodéase unha vez máis dun plantel de colaboradores
abraiante: Dulce Pontes,
María del Mar Bonet,
Karen Matheson de Capercaillie, Joao
Afonso, Rosa Cedrón
de Luar na Lubre, Xosé Manuel Budiño,
etc.
Uxía
escribiu a letra de varias das cancións que interpreta neste disco,
mais tamén escolleu temas tradicionais (Desamores, Altinho..), e
poemas de Rosalía de Castro ou
María Mariño.
Se queres
escoitar a Uxía interpretando o poema de María Mariño, fai click
aquí. |
 |
| |
| Recomendaríamoslle que escoitasen este
disco a todos aqueles a quenes lles guste a música e a poesía, que
debemos ser todos. |
| |
Suxerido
polo Equipo de Normalización Lingüística | |
|
|
|
Discográfica:
Colombia Records
|
|
|
 |
Bob Dylan é un cantante
norteamericano que só utilizaba a súa guitarra e a súa harmónica.
Dylan foi un dos ídolos dos sesenta.
Este disco é o seu segundo álbum. A
canción máis coñecida é "Blowin' in the wind", mais tamén encontramos
algunha balada como "Girls of the North Country" e "Don't think twice,
it's all right".
|
 |
| |
|
Recoméndolles
este CD a todas as persoas que nunca escoitaron a música dos anos
sesenta, porque moitos mozos pensan que a música desta década non vale
para nada. De todos modos, eu dígolles a todas estas persoas que se
poñan a escoitar as cancións destes autores e descubirán porque Dylan
está considerado un dos mellores cantantes dos 60. |
| |
Suxerido
por: Diego Porto Fernández (1º Bach B) |
|
|
Discográfica: Geffen
|
|
|
 |
Recomendo este grupo porque está
ben coñecer a banda que despertou de novo o rock nos anos 80 e que marcou este tipo de música.
Naceron no ano 1985 a partir da fusión das
bandas Hollywood Rose e L.A. Guns, de aí o seu nome.
Son un grupo de hardrock perfecto.
Recomendo calquera disco, pero o mellor de todos é o "Appetite for
destruction".
Para ampliar a cultura musical, unha
persoa debe coñecer a existencia desta banda. |
 |
| |
|
Como
isto da música non atende a idades nin xéneros, xa que opino que todo
o mundo merece disfrutala sexa o estilo que sexa, recoméndovos este
disco a todos vós. |
| |
Suxerido
por: Nina Castro Domínguez (4º E.S.O. C) |
|
|
Discográfica:
|
|
|
 |
Recomendo este CD porque as letras
deste grupo falan e critican os problemas do mundo, os cales moita
xente prefire ignorar.
Ska-p é un grupo musical español que se o
escoitas has notar que critica a indiferencia da xente cara os
problemas que nos rodean. Con este grupo pódeste dar conta de que
hai máis corrupción, discriminación, sexismo, racismo, xenofobia
e capitalismo do que te imaxinas.
Nunha canción deste CD faise un chamamento á
revolución e ao orgullo de ser obreiro, traballador.
Se tes unha opinión distinta da que poden
reflectir estas letras, o disco non che vai facer cambialas, pero si
te darás conta dos verdadeiros problemas que nos rodean.
|
 |
| |
| Recoméndolle este CD, como calquera
outro de Ska-p a aquelas persoas que lle interesen os problemas da
sociedade na que vivimos actualmente e lles gustaría abolir os
problemas de carácter social. |
| |
Suxerido
por: Juan M. García Oujo (1º Bac. A) |
|
|
Discográfica:
Geffen |
|
blink 182 |
 |
A banda "blink 182" formouse en San
Diego, California, por Mark Hoppus (baixo), Tom Delonge (guitarra) e
Travis (batería). Destacou polo seu satírico humor e polas súas
melodías neopunk.
O seu 5º disco oficial chamouse "blink
182" e saíu ao mercado en novembro de 2003, foi o traballo máis
rockeiro que lanzaron até o momento. Nalgúns temas contan coa
participación de Robert Seit, do grupo The Cure, dos que sempre se
declararon fanáticos.
Este álbum deixárono sen título para
marcar un novo comezo da banda, pero separáronse en febreiro de
2005, cando anunciaron o seu merecido descanso.
|
 |
Suxerido
por: Alba Fernández Souto (2º E.S.O.
B) | |
|
Discográfica:
Mil A Gritos Records |
|
Soziedad
Alkohólika |
 |
Este grupo de música é vasco e está
composto por 5 compoñentes. Ademais de vivir nun país tan conflitivo,
revélanse contra E.T.A. e contra os atentados que fan.
Recoméndovos este disco, ademais de
por ser un grupo coñecido por todo o mundo, por se tratar dunha
recompilación das mellores cancións que teñen, e aínda por riba en
directo.
Falan de diversos temas, como a
contaminación... |
 |
| Recoméndollo ao mozos e mozas que lles guste o Rock Metal
porque esta música é unha música forte. Suxerido
por: Adán Martínez Fernández (4º E.S.O.
C) | |
|
| |
Discográfica: Locomotive Records |
|
50 Cent |
 |
Porque
á xente de agora e a min nos gusta a música forte,é este un disco
de música forte. |
 |
| Recoméndollo á xente que lle guste a música forte, aínda que
penso que lles ha de gustar máis aos rapaces que
ás rapazas.
Suxerido
por: Abraham Cobas Escurís (3º E.S.O. B) | |
| |
|
| |
Discográfica: Locomotive Records |
Tierras de Leyenda |
Tierra Santa
|
 |
É
un bo disco, o mellor deste grupo, onde destacan algunhas cancións
(Tierras de leyenda, Sodoma y Gomorra, La Torre de Babel, La
canción del pirata...)
Tierras
de Leyenda apareceu no ano 2000, e con el o grupo deuse a coñecer.
A primeira canción é moi distinta das demais.
Gustaríame
destacar a batería, e tamén a voz, que me parece moi boa.
Fixádevos no berro que bota o cantante na segunda canción! É un
gran disco, seguro que vos ha gustar. |
 |
| Recoméndolles este disco aos mozos e mozas entre 8 e 16 anos
aos que lles guste o heavy metal. Na miña opinión, é o segundo
mellor disco da historia. Escoitádeo!
Suxerido
por: Manuel Hermo Santiago (3º E.S.O. B) | |
| |
|
| |
Discográfica: Wea |
|
Red Hot Chili
Peppers |
 |
O disco é recomendable porque o grupo é moi bo e as letras e
a música están moi traballadas, todas as cancións están ben
elaboradas e quedaron moi ben, non como outros discos onde só
encontras unha ou dúas pezas que estean ben. Hai cancións de
todo tipo, pero predomina sobre todo o rock.
O baixista e o cantante son os que destacan polo
talento. |
 |
Recoméndollo a calquera persoa que intente tocar o baixo, a
guitarra ou a batería, porque é un grupo do que, imitando os seus
temas, podes aprender moito e moi ben. Pero tamén llo aconsello
a todo aquel a quen lle guste a música.
Suxerido
por: Pablo Fernández Buceta (4º E.S.O.
A) | |
| |
|
|
| |
| |